domingo, 14 de febrero de 2021

Aquí vos deixo un resumo do entroido na nosa aula de infantil. Dado que este ano, non puidemos compartir con vos o desfile, quixen achegárvolo deste xeito. Agardo que vos guste.

martes, 16 de junio de 2020




SEMANA DO 15 AO 21 DE XUÑO : “O VERÁN E AS VACACIÓNS”

Luns 15 de xuño de 2020

Bos días!
Para rematar este curso, non podíamos irnos sen reparar no cambio de estación que se produce ao final desta semana, e que da lugar as vacacións de verán.

Por iso, imos recordar cunha fermosa e divertida canción, as 4 estacións do ano:





Lembra as 4 estacións son: outono, inverno, primavera e verán.


En relación a isto, propóñovos as seguintes actividades por idade:

-Para 3 anos: Colorear as imaxes segundo a estación do ano a que corresponden.
 


-Para 4 e 5 anos: Recortar e pegar as imaxes na estación do ano coa que se relacionan.




Nós agora mesmo atopámonos na primavera, pero ao final desta semana xa pasaremos ao verán.


O verán caracterízase por ser a estación do ano máis calurosa. Nela os días son máis longos e as noites máis curtas. Polo día fai moita calor, así que vestimos roupa fresca e pola noite abrigámonos un pouco.

No seguinte vídeo, veredes diferentes prendas de roupa típìcas do verán:



Tras velo, realizade as seguintes actividades:

-Para 3 anos: Rodea e colorea obxectos e prendas propias do verán.




-Para 4 e 5 anos: Rodea e colorea obxectos e prendas propias do verán.






-Para 3, 4 e 5 anos: Colorea o seguinte debuxo do verán e repasa as letras.





-Para 3, 4 e 5 anos: Colorea o seguinte mandala do verán.






En relación a este tema do verán, a mestra Paula tamén vos deixou  cancións e xogos no seu blog de música e plástica. 

Agardo desfrutedes con todos eles.

Atentamente

Raquel




Martes 16 de xuño de 2020

Bos días!

Hoxe imos ver cancións relacionadas co verán:

Unha canción moi divertida é a seguinte, que tamén vos puxo a profe Paula no seu blog:



Outra fermosa canción en galego relacionada co verán é a seguinte:



A partir desta canción, propóñovos as seguintes manualidades:

-Facer barcos de papel: Podédesvos axudar deste tutorial:





-Paisaxes típicas do verán: Nunha caixa de cartón ou madeira,...






Nun plato con plastilina:


Con pintura, cartolina e papeis de cores:









Debuxos variados relacionados co verán: Xeados, cangrexos, tartarugas,...










Animádevos e deixade voar a vosa imaxinación e creatividade!



Tamén vos deixo unha serie de actividades por idade, para repasar as matemáticas:

-Para 3 anos: Escribe o número 1 e colorea:



-Para 3 anos: Escribe o número 2 e colorea:




-Para 3 anos: Escribe o número 3 e colorea:



-Para 4 anos: Escribe o número 9 e colorea:



-Para 4 anos: Conta  e escribe o resultado das sumas:







-Para 5 anos: Conta e rodea o número correcto:





-Para 5 anos: Realiza as seguintes restas:





-Para 4 e 5 anos: Colorea as imaxes, recórtaas e pégaas ordeadas (1º, 2º, 3º e 4º):










Mércores 17 de xuño de 2020


Bos días!



Hoxe veremos unha adiviña e poesías sobre o verán:


-Para todos: Rodea a resposta a adiviña




-Para todos: ler as seguintes poesías e na segunda coloréalos debuxos:




-Agora, animádevos vós a crear unha poesía sobre o verán.




Agora imos traballar un pouco a lectoescritura, coas seguintes actividades por idades:


-Para 3 anos: Colorea e rodea as vogais:





--Para 4 anos: Une e escribe en maiúsculas:





--Para 5 anos: Lee o vocabulario e completa



-REPASO DE LETRAS:








Xoves 18 de xuño de 2020

Bos días!

Dado que mañán é o derradeiro día de clase deste curso 2019-2020 tan atípico, mañán non proporei ningunha actividade nova, soamente vos colgarei unha pequena sorpresa coma recordo deste curso.

Polo tanto, hoxe é o último día que temos de clase virtual antes das vacacións de verán, e gustaríame comezar cunha divertida canción:



Déixovos, para todos (3, 4 e 5 anos) o seguinte cartel para colorear:




Como xa sabedes a primavera está a punto de rematar ao igual que o cole, e chega a estación de verán, na que fai moita máis calor e os días son máis longos cas noites. En relación a isto, propóñovos unhas actividades de sombras e siluetas:

-Para todos (3, 4 e 5 anos): Unir as sombras coas imaxes ás que pertencen e colorear as imaxes:









E unhas actividades de grafomotricidade:

-Para 3 anos: Debuxas as ondas do mar con lápis primeiro e logo repasar con rotulador e colorear:




-Para 4 e 5 anos: Trazar as liñas cos castelos de area, primeiro a lápis e logo a rotulador e colorear:






Para rematar, como xa vos propuxen ao longo desta semana actividades matemáticas, de lectoescritura, manualidades,... soamente me queda propoñervos algún experimento, coma por exemplo:

-Facer xeados caseiros: Con zumes naturais de froitas ou de iogurt.

https://www.youtube.com/watch?v=HliOhXpJ9As  (Polos de froitas naturais)

https://www.youtube.com/watch?v=2TWxDLfp648 (Polos de iogurt e amorodos)

https://www.youtube.com/watch?v=ud0Yo4YSi5w (De nutella e iogurt) Para os máis golos@s!



Agardo que desfrutedes co proceso e sobretodo degustáandoos!

Vémonos mañán!

Lembrade que mañán non vos proporei máis actividades, pero sí colgarei un pequeno agasallo sorpresa!





Venres 19 de xuño de 2020

Bos días!

Hoxe é o derradeiro día lectivo deste curso 2019-2020, por iso gustaríame compartir con vós o seguinte vídeo que resume un pouco todo o vivido polos vosos fillos e fillas ao longo deste curso.

É un pouco longo, pero o curso deu para moito e quería compartilo con vós sen esquecerme de nada.

Pídovos desculpas de antemán pola calidade do vídeo, o programa onde o creei non me deixaba compartilo e tiven que grabalo co móbil. Agardo de todos xeitos que vos guste.

Podedes velo vídeo premendo aquí: Vídeo-resume 2019-2020.


Este vídeo non sería posible sen a vosa colaboración, moitas grazas! Especialmente, durante este tempo de confinamento, no que me mantivéstedes informada de todo.


Agardo que teñades un bo verán e vémonos en setembro, se todo vai ben e podemos voltar ao colexio .


Unha aperta enorme e milleiros de bicos


Atentamente


Raquel