SEMANA DO 15 AO 21 DE XUÑO : “O VERÁN E AS
VACACIÓNS”
Luns 15 de xuño de 2020
Bos días!
Para rematar este curso, non
podíamos irnos sen reparar no cambio de estación que se
produce ao final desta semana, e que da lugar as vacacións
de verán.
Por iso, imos recordar cunha
fermosa e divertida canción, as 4 estacións do ano:
Lembra as 4
estacións son: outono, inverno, primavera e verán.
En relación
a isto, propóñovos as seguintes actividades por
idade:
-Para 3
anos: Colorear as imaxes segundo a estación do ano a que
corresponden.
-Para 4
e 5 anos: Recortar e pegar as imaxes na estación do ano coa que se
relacionan.
Nós agora
mesmo atopámonos na primavera, pero ao final desta semana xa
pasaremos ao verán.
O verán caracterízase
por ser a estación do ano máis calurosa. Nela os días son máis longos e as
noites máis curtas. Polo día fai moita calor, así que vestimos roupa fresca e
pola noite abrigámonos un pouco.
No seguinte
vídeo, veredes diferentes prendas de roupa típìcas do verán:
Tras velo,
realizade as seguintes actividades:
-Para 3
anos: Rodea e colorea obxectos e prendas propias do verán.
-Para 4 e 5 anos: Rodea e
colorea obxectos e prendas propias do verán.
-Para 3, 4 e 5 anos: Colorea
o seguinte debuxo do verán e repasa as letras.
-Para 3, 4 e 5 anos: Colorea
o seguinte mandala do verán.
En relación a este tema do verán, a
mestra Paula tamén vos deixou cancións e xogos no
seu blog de música e plástica.
Agardo desfrutedes con todos eles.
Atentamente
Raquel
Tamén vos deixo unha serie de actividades por idade, para repasar as matemáticas:
Martes
16 de xuño de 2020
Bos
días!
Hoxe
imos ver cancións relacionadas co verán:
Unha canción
moi divertida é a seguinte, que tamén vos puxo a profe Paula no seu
blog:
Outra fermosa
canción en galego relacionada co verán é a seguinte:
A
partir desta canción, propóñovos as seguintes manualidades:
-Facer
barcos de papel: Podédesvos axudar deste tutorial:
-Paisaxes típicas do verán: Nunha caixa de cartón ou madeira,...
Nun plato con plastilina:
Con pintura, cartolina e papeis de cores:
- Debuxos variados
relacionados co verán: Xeados, cangrexos, tartarugas,...
Animádevos e deixade voar a vosa imaxinación e creatividade!
-Para 3 anos: Escribe o número 1 e colorea:
Mércores
17 de xuño de 2020
Bos días!
Hoxe veremos unha adiviña
e poesías sobre o verán:
-Para todos:
Rodea a resposta a adiviña
-Para
todos: ler as seguintes poesías
e na segunda coloréalos debuxos:
-Agora, animádevos vós
a crear unha poesía sobre o verán.
Agora imos traballar un pouco a lectoescritura, coas seguintes actividades por idades:
-Para
3 anos: Colorea e rodea as vogais:
--Para
4 anos: Une e escribe en maiúsculas:
--Para
5 anos: Lee o vocabulario e completa
-REPASO DE LETRAS:
Xoves 18 de xuño de 2020
Bos días!
Dado que mañán é o derradeiro día de clase deste curso 2019-2020 tan atípico, mañán non proporei ningunha actividade nova, soamente vos colgarei unha pequena sorpresa coma recordo deste curso.
Polo tanto, hoxe é o último día que temos de clase virtual antes das vacacións de verán, e gustaríame comezar cunha divertida canción:
Déixovos, para todos (3, 4 e 5 anos) o seguinte cartel para colorear:
Como xa sabedes a primavera está a punto de rematar ao igual que o cole, e chega a estación de verán, na que fai moita máis calor e os días son máis longos cas noites. En relación a isto, propóñovos unhas actividades de sombras e siluetas:
-Para todos (3, 4 e 5 anos): Unir as sombras coas imaxes ás que pertencen e colorear as imaxes:
E unhas actividades de grafomotricidade:
-Para 3 anos: Debuxas as ondas do mar con lápis primeiro e logo repasar con rotulador e colorear:
-Para 4 e 5 anos: Trazar as liñas cos castelos de area, primeiro a lápis e logo a rotulador e colorear:
Para rematar, como xa vos propuxen ao longo desta semana actividades matemáticas, de lectoescritura, manualidades,... soamente me queda propoñervos algún experimento, coma por exemplo:
-Facer xeados caseiros: Con zumes naturais de froitas ou de iogurt.
https://www.youtube.com/watch?v=HliOhXpJ9As (Polos de froitas naturais)
https://www.youtube.com/watch?v=2TWxDLfp648 (Polos de iogurt e amorodos)
https://www.youtube.com/watch?v=ud0Yo4YSi5w (De nutella e iogurt) Para os máis golos@s!
Agardo que desfrutedes co proceso e sobretodo degustáandoos!
Vémonos mañán!
Lembrade que mañán non vos proporei máis actividades, pero sí colgarei un pequeno agasallo sorpresa!
Venres 19 de xuño de 2020
Bos días!
Hoxe é o derradeiro día lectivo deste curso 2019-2020, por iso gustaríame compartir con vós o seguinte vídeo que resume un pouco todo o vivido polos vosos fillos e fillas ao longo deste curso.
É un pouco longo, pero o curso deu para moito e quería compartilo con vós sen esquecerme de nada.
Pídovos desculpas de antemán pola calidade do vídeo, o programa onde o creei non me deixaba compartilo e tiven que grabalo co móbil. Agardo de todos xeitos que vos guste.
Podedes velo vídeo premendo aquí: Vídeo-resume 2019-2020.
Este vídeo non sería posible sen a vosa colaboración, moitas grazas! Especialmente, durante este tempo de confinamento, no que me mantivéstedes informada de todo.
Agardo que teñades un bo verán e vémonos en setembro, se todo vai ben e podemos voltar ao colexio .
Unha aperta enorme e milleiros de bicos
Atentamente
Raquel
No hay comentarios:
Publicar un comentario