SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO DE 2020: "OS ANIMAIS"
Luns 1 de xuño de 2020
Bos días!
Como puidéschedes comprobar, ata agora estivemos traballando temas relacionados coa primavera (os insectos, as plantas, as froitas,...), e na semana das Letras Galegas falamos do galiñeiro, pero é o resto dos animais? Teñen algo que ver coa primavera?
Ímolo averiguar esta semana, para iso, comezaremos vendo o seguinte vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=QVi-sdInS2I
Como podedes ver no vídeo, durante o inverno os animais non o teñen nada fácil para sobrevivir, porque fai moito frío, e incluso moitos deles hivernan coma o oso, é dicir, que pasan todo o inverno metidos na súa cova sen sair.
Pero por sorte, coa chegada da primavera os animais anímanse a volver a saír, e ademáis é na primavera cando máis crías de animais nacen.
Déixovos aquí o enlace a un vídeo de animais salvaxes e domésticos coas súas crías. É un pouco longo, pero coma sei que lles encantan os animais, igual o queren ver enteiro.
https://www.youtube.com/watch?v=03FJYihocWg&t=27s
Agora, achévos unha breve adaptación do conto de Disney de "Bambi", un cervo que nace precisamente na primavera.
https://www.youtube.com/watch?v=yjL46BUlwLI
Tralo vídeo e o conto, propóñovos unha serie de actividades, por idade:
-Para 3 anos: Unir cada animal coa súa cría e colorear.
-Para 4 anos: Recortar e pegar cada cría co animal correspondente e colorear.
- Para 5 anos: Ler e unir cada nome co animal ao que fai referencia.
-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorear e recortar, para xogar ao dominó de animais.
Agardo que desfrutedes co tema e que sigamos profundizando nel, durante a semana.
Atentamente
Raquel
-Na casa de Aurora e Alicia, unha coella tivo crías recentemente, mirade:
Son pequerrechiñas!!!
Martes 2 de xuño de 2020
Bos días!
Como xa sabedes, no mundo existen animais moi variados e poden clasificarse de diferentes xeitos. Por exemplo, atendendo ao seu corpo, a primeira clasificación que se pode facer é: animais vertebrados (que teñen esqueleto óseo) e animais invertebrados.
Dentro dos invertebrados hai:
Do cales nós xa traballamos: as abellas, as bolboretas e as xoaniñas.
Agora, ímonos central nos animais vertebrados, que atendendo a cómo nacen, se alimentan e viven, poden subclasificarse en 5 grupos:
Destes nós vimos os peixes e as aves (co galiñeiro).
Todo isto, podédelo ver resumido no seguinte vídeo, que vos axudará a comprendelo mellor:
https://www.youtube.com/watch?v=RDUjqgMTSAI
Tralo visionado do vídeo e as explicacións anteriores, propóñovos as actividades:
Para afianzar a clasificación de animais en vertebrados e invertebrados:
-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorear o seguinte esquema-resume.
-Para 3 anos: Rodear a e colorear soamente os animais vertebrados.
-Para 4 anos: Rodear de vermello os animais vertebrados e de azul os animais invertebrados e logo colorealos todos.
-Para 5 anos: Ler e unir primeiramente, e despois colorear de verde os animais vertebrados e de vermello os animais invertebrados.
-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorear o seguinte esquema.
Mércores 3 de xuño de 2020
Bos días!
Hoxe veremos outra clasificación dos animais en función dos seus hábitos e onde viven:
– Salvaxes: son aqueles animais que deambulan en liberdade por mar, terra e aire. Teñen os seus propios hábitos e costumes. Non teñen relación cos humanos e poden ser moi perigosos para as persoas se se sinten ameazados por elas. Por exemplo: os leóns, os cocodrilos, as aguias, etc.
– Animais de granxa: son aqueles animais que o ser humano emprega con fins de aproveitamento, consumo, peletería, etc. Estes animais dependen dun cuidador/a (granxeiro/a), que lles facilita as instalacións e os alimentos para o seu mantemento. Por exemplo: as vacas, os porcos, as ovellas, os coellos, etc.
– Mascotas: son aqueles animais que manteñen unha relación afectiva coas persoas, coas que conviven. Por exemplo: cans, gatos, tartarugas, hamsters, coellos, peixes, paxaros, etc.
https://www.youtube.com/watch?v=X1sQg4nxEe8
Agora tras o explicado, propóñovos as seguintes actividades :
-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorear soamente os animais salvaxes.
-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorear soamente os animais da granxa.
-Para todos (3, 4 e 5 anos): Agora, en canto as mascotas, anímovos a sacarlles fotos as vosas mascotas e compartilas co resto. Podedes facer unha pequena presentación sobre a vosa mascota (como se chama, cantos anos ten, qué come, a qué lle gusta xogar,...)
Para iso, déixovos a seguinte plantilla coma orientación, pero podédela adaptar:
-Brais, por exemplo, preséntanos a súa mascota: "Currás"
Que é un fantástico loro:
Ahí o tedes subido o camión de bombeiros!
Este can é o seu gran compañeiro de xogos!
-Jorge, tamén nos presenta a súa mascota "Yura"
Que polo que vemos na foto non acouga quieta!
Finalmente, se dispoñedes delas ou tedes a posibilidade de ver algunha película relacionada con:
-Animais salvaxes coma: "El rey león", "Tarzán" ou "O libro da selva"
-Animais da granxa: "Rebelión en la granja" (1953) ou "Chicken run" .
-Mascotas: "Mascotas", "Beethoven" ou "Stuart Little".
Agardo que desfrutedes con estes recursos!
Xoves 4 de xuño de 2020
Bos días!
Os animais tamén se poden clasificar segundo o medio ou hábitat no que vivan. Poden ser: terrestres, acuáticos ou aéreos. E en ocasións combinar varios hábitats.
https://www.youtube.com/watch?v=6AOXktNMngA
En relación a isto, propóñovos as seguintes actividades, por idade:
-Para 3 anos: Rodea e colorea soamente os animais terrestres.
-Para 3 anos: Rodea e colorea soamente os animais acuáticos.
-Para 3 anos: Rodea e colorea soamente os animais aéreos.
-Para 4 anos: Colorear os animais, recortalos e pegalos na columna correspondente o medio no que viven.
-Para 5 anos: Colorear os seguintes animais e recortalos
Para logo pegalos nestas 3 columnas:
Con papeis de cores:
E para os máis elaborados... origami:
Co rollo do papel hixiénico:
Con platos de plástico ou cartón:
Con globos:
E por suposto con pintura e as vosas huellas:
Quedoulle espectacular!
-Sara, tamén se animou a facelas coas súas mans e os seus pés:
E coa huellas dos seus dedos
Fixo esta fantástica ovella!
E por último, cunha cartolina e papeis de cores
Fixo esta espectacular cabeza de león!
Animádevos a facer máis manualidades así, e deixade voar a creatividade e a imaxinación!
Bos días!
Para xustificar unha vez máis, o motivo de traballar este tema dos animais agora, mostrareivos a continuación, que moitos animais migran durante o inverno, e regresan durante a primavera e o verán. Tal e como podedes ver explicado no seguinte vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=OzC-pVnQPJM
É dicir, que os animais, durante todo o ano, buscan o hábitat que mellor lle permita vivir. E éste está relacionado coa estación do ano na que se atopen.
Agora que vimos como se orientaban os animais no mundo, imos traballar nós, a nosa orientación espacial coas seguintes actividades:
-Para 3 anos: Traza o camiño que segue o tigre e o camiño que segue o león, primeiro co dedo e logo cada un da súa cor, e colorea despois os animais.
-Para 4 anos: Traza o camiños que debe seguira tartaruga para xuntarse cos demáis animais.
-Para 5 anos: Traza de cores diferentes os camiños que debe seguir o león para chegar ata a carne, os plátanos e as flores.
-Para 3 anos: Realiza os camiños de cada animal e colorea.
- Para 4 anos: Recorta polas liñas e logo pega ordeado o puzzle e colorea.
-Para 5 anos: Escribe o nome dos seguintes animais e colorea.
- Para todos (3, 4 e 5 anos): Completa os seguintes animais debuxando o lado que lles falta.
Tamén, para repasar un pouco os números, déixovos esta manualidade dun dado de animais:
E 2 fichas de matemáticas por idade:
-Para 3 anos: Une cada grupo de tartarugas co seu número correspondente
-Para 4 e 5 anos: Conta e escribe cantos animais hai de cada tipo, e coloréaos.
Para rematar e axudar a para afianzar esas nocións básicas de orientación espacial, déixovos as seguintes cancións para cantar e bailar movéndovos polo espacio.
-Primeiro, unha canción con bebés disfrazados de animais que se moven:
https://www.youtube.com/watch?v=_fCC8dxh12A
- Segundo, unha canción para bailar vós seguindo as indicacións:
https://www.youtube.com/watch?v=6jNwZ__oeU4
-Terceiro, para os máis expertos, un baile máis rápido e repetitivo:
https://www.youtube.com/watch?v=OhmeOv-t-q8
Agardo que desfrutes cantando e bailando estas cancións!
Unha cousa máis, antes de despedirme, sabedes qué día é hoxe? 5 de xuño?
Pois hoxe é o Día mundial do Medio Ambiente, no que se nos recorda a todas as persoas a importancia de coidar e protexer o mundo natural, no que viven as plantas e os animais.
Aquí vos deixo unha fermosa canción para este día:
https://www.youtube.com/watch?v=8dcZ2H_dL3U
E tamén vos deixo un divertido conto relacionado con este día:
https://www.youtube.com/watch?v=Vg_fNEsXzZ0
Atentamente
Raquel
No hay comentarios:
Publicar un comentario