domingo, 7 de junio de 2020



SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO DE 2020: "A AUGA"


Luns 8 de xuño de 2020

Bos días!


Sabedes qué se celebra o 8 de xuño?

Pois dende o 2009, cada 8 de xuño celébrase o Dia mundial dos Océanos, tal e como se resolveu o 5 de decembro de 2008 na Asamblea Xeral das Nacións Unidas, na que se decidiu por o 8 de xuño, como data para protexer e preservar a diversidade mariña e combater a contaminación de mares, ríos e océanos.





Lembrádesvos do conto que vos deixei o venres pasado (5 de xuño, que foi o Día mundial do Medio Ambiente), no que cada neno e nena da clase de Susi, levou un elemento importante da natureza, e Pepe escolleu levar unha botella de auga?


Como ben dixo a mamá de Pepe, e despois os compañeiros e compañeiras de Susi e a súa mestra, sen auga non poderiamos vivir. 




-ACTIVIDADES: 
-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorea as imaxes e explica en voz alta para qué se emprega a auga en cada viñeta. Os alumnos/as de 4 e 5 anos, escribirán debaixo de cada viñeta: "beber, nadar e regar" segundo corresponda.




-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorear o seguinte cartel sobre os usos da auga.




Polo tanto, debemos coidala auga, tal e como nos piden no seguinte vídeo:



Tras isto, propóñovos as seguintes actividades:

-Para 3 anos: Colorear a imaxe na que se fai un uso e coidado axeitado da auga, e riscar cunha cruz (X) a imaxe incorrecta.



-Para 4 anosColorear a imaxe na que se fai un uso e coidado axeitado da auga, e riscar cunha cruz (X) a imaxe incorrecta, ademáis de escribir debaixo "ben-mal" conservación da auga, segundo corresponda.




-Para 3, 4 e 5 anos: Risca cunha (X) aqueles elementos que non deben estar presentes no mar,  rodea os que sí e colorea a paisaxe.





-Para 3, 4 e 5 anos:  Fai un debuxo libre do mar e os océanos en relación ao traballado.  





Podedes empregar pinturas e diferentes materiais (papeis, tapóns, esponxas,..) para realizar os vosos debuxos e creacións :

Con globos:




Con papel charol, cartolinas, esponxas, tiras de papel,...



Animádevos a  debuxar e crear a vosa propia representación dos océanos e a auga!



-Tito, por exemplo, debuxouse a él coa súa irmá Gimena, a súa nai e o seu pai no mar:



Están fantásticos os 4 surcando os mares!



-Jorge, tamén se animou a debuxar o océano, e nel puxo animais tan diversos...


Coma un polbo multicolor, estrelas de mar, peixiños, etc.



-Mateo, preferiu facer unha composición do mar empregando diferentes materiais: papel de seda, boliñas de poliexpán, cartolina,...


Con todo elo, fixo un fondo mariño incrible!



Tamén fixo esta outra composición mariña con pegatinas de animais


que sacou dun libro, que ten na casa, sobre o mar.


-Brais, tamén se animou a facer un debuxo sobre os océanos:


 Onde debuxou os peixes e decorouno con diferentes materiais: papeis, limpiapipas, etc.

 Quedoulle fantástico!








Martes 9 de xuño de 2020

Bos días!

Hoxe imos coñecer o ciclo da auga. A auga está en constante movemento, e como ben sabemos está presente no Planeta Terra de diversas maneiras. No seguinte vídeo podedes ver explicado o Ciclo da auga:

https://www.youtube.com/watch?v=3QVj99UGk3Q

En resume, o ciclo da auga consta de 4 pasos:



1º Evaporación, 2º Condensación, 3º Precipitación e 4º Acumulación (mares, océanos,..)


ACTIVIDADE:

-Para 3 anos: Coloca os números ordinais 1º, 2º e 3º nos recadros, para ordear o ciclo da auga e colorea.




-Para 4 e 5 anos: Coloca os números ordinais 1º, 2º, 3º e 4º nos recadros, para ordear o ciclo da auga e colorea.




MANUALIDADE:

-Para todos (3, 4 e 5 anos): O ciclo da auga é un proceso cíclico, polo que pode representarse nunha imaxe  redonda.



Para facer esta manualidade precisades 2 cartolinas ou folios: o folio de diante será este:


E o folio de detrás, será outro círculo do mesmo tamaño cos 4 pasos escritos:
1º Evaporación, 2º Condensación, 3º Precipitación e 4º Acumulación (mares, océanos,..)


Para unir ambos folios precisades dun encuadernador e listo! A xirar! 


-Na casa de Jorge, animáronse a facela, e neste vídeo Jorge coa axuda da súa nai explícanos o ciclo da auga, mirade:



Fixérono xenial! E mándavos un saúdo para todos/as!




EXPERIMENTO:

-Para todos (3, 4 e 5 anos): Como vedes, a auga do mar e os océanos evapórase coa calor do sol, podedes comprobalo realizando esta divertido experimento.

https://www.youtube.com/watch?v=Qyvd4b1QV7E



Animádevos a probalo, aproveitando os días soleados que estamos a ter!



-Jorge, xa probou a facelo e xa o ten colocado nunha fiestra da súa casa:



Agora soamente ten que agardar a que o sol faga a súa maxia!



-Brais, tammén se animou a facer o experimento e máis a manualidade:



Quedáronlle fantásticos! Moi bo traballo!



Mércores 10 de xuño de 2020

Bos días!

Continuando co visto onte, durante o ciclo da auga, puidemos observar que a auga cambia de estado, é dicir, que non sempre está igual. Pois pode ser: sólida, líquida ou gaseosa.




Estas tres maneiras de atopar a auga na natureza chámanse: os estados da auga, que podedes ver explicados no seguinte vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=Y0vZotAI_Fs






Polo tanto, a auga podémola atopar en 3 estados: 1- Líquido, 2- Sólido ou 3-Gaseoso.



-EXPERIMENTO:

-Para todos (3, 4 e 5 anos): Anímovos coa axuda dun adulto en todo momento, a vivenciar estes 3 estados da auga. LÍQUIDO (bebede un vaso de auga), SÓLIDO (facede cubiños de xeo no conxelador) e GASEOSO (fervede auga nun cazo).






-ACTIVIDADES:

-Para 3 anos: Une e colorea os debuxos.





-Para 4 e 5 anos: Ordea as secuencias (1º, 2º e 3º) e colorea os debuxos.

-Para 3 anos:  Colorea os círculos seguindo o código de cores e logo colorea os debuxos.






-Para 4 e 5 anos: Colorea os seguintes debuxos e recórtaos .



Agora pégaos na columna do estado físico no que se encadra.




Finalmente, anímovos a explorar na vosa contorna onde hai auga e observar en qué estado físico se atopa.





Xoves 11 de xuño de 2020

Bos días!

Hoxe imos repasar e ampliar o noso coñecemento sobre a auga. Coma xa sabemos a auga segue un proceso cíclico, co que cambia de estado, pero ademáis diso, sabiades que a auga é:

-Incolora (é transparente, non ter cor por si mesma)

-Inodora (non ten olor)

-Insípida (non ten sabor) 

disolvente (mestúrase fácilmente) con certos materiais.





Todo isto podédelo ver explicado polo noso amigo o camaleón no seguinte vídeo:


https://www.youtube.com/watch?v=FbnTccEBB2Y


Agora anímovos a comprobalo coas seguintes propostas de experimentación:

-Para todos (3, 4 e 5 anos): Nun vaso de cristal transparente, botade auga e observade:

-De qué cor é? 

- Bebede un pouco de auga do vaso, a qué sabe?

-Ulide a auga do vaso, a qué ole?

-Engadídelle unha pizca de sal, qué ocorre?

-E se lle engadides agora un chorriño de aceite, que ocorre?





Finalmente, na medida do posible e sempre coa axuda dun adulto, podedes probar a facer os seguintes 5 experimentos coa auga:

https://www.youtube.com/watch?v=xnwAw86SIgA&t=146s


Agardo que desfrutedes con eles e descubrades a maxia da auga!






Venres 12 de xuño de 2020

Bos días!

Para rematar, como vimos o longo desta semana, a auga é un recurso natural imprescindible para a vida das persoas, plantas e animais. Por iso, é moi importante que a coidemos e non a contaminemos nin malgastemos. 

Desgraciadamente, a contaminación da auga segue en aumento como podedes ver no seguinte vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=S_SaCPa1Zkg&t=21s

- ACTIVIDADE: Para todos (3, 4 e 5): Coloreade a imaxe.


Ademáis de evitar a contaminación, debemos ser conscientes se que moitas veces a malgastamos sen necesidade. E se seguir así, podémola esgotar!

Por iso, é importante que aforremos auga na nosa vida diaria, mirade por exemplo a Caillou no seguinte vídeo:



Ao igual que Caillou, nós tamén podemos aforrar auga na nosa vida diaria, seguindo unha serie de consellos sinxelos coma os que nos recomendan neste vídeo:




-ACTIVIDADE: Para todos (3,4 e 5): Colorea os bos usos da auga e risca cunha X os malos usos onde se malgasta a auga.









- ACTIVIDADE: Para todos (3, 4 e 5): Coloreade o seguinte cartel:




Agora, tócavos a vós poñelos en práctica. Axudade a coidar a auga e o planeta!


Finalmente, déixovos unha divertida canción sobre a importancia de coidar a auga:





Agardo que desfrutarades con este tema!

Boa fin de semana, na que a auga estará moi presente...e vémonos luns!

Unha aperta enorme

Atentamente

Raquel

No hay comentarios:

Publicar un comentario