domingo, 24 de mayo de 2020



SEMANA DO 25 A0 29 DE MAIO DE 2020: "AS FROITAS"

Luns 25 de maio de 2020

Bos días!

Dado que estamos na primavera e que próximamente comezará o verán, van chegando novas variedades de froitas, que noutra época do ano, non se dan. Coma por exemplo: o pexego, os amorodos, as frambuesas, a sandía, o melón, as cereixas, etc.



Por ese motivo, esta semana profundizaremos no coñecemento das froitas.

As froitas, se vos lembrades nacían das plantas. Poden darse en árbores frutais ou en plantas pequeniñas coma os amorodos.

No seguinte vídeo explícasevos isto e anímasevos a xogar as adiviñas e a cantar:


A partir disto, propóñovos as seguintes actividades:

-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorea soamente as froitas que che gustan e soes comer.


-Para 3 anos: Une as froitas iguais e coloréaas.




- Para 4 anos: Pinta tantos círculos coma froitas haxa.




-Para 5 anos: Recorta tódolos rectángulos por separado,  despois recórtaos pola metade e construe as 9 froitas . Finalmente pégaas unidas e coloréaas.




E tamén dous xogos de lóxica:

-Para todos (3, 4 e 5 anos): Un dominó de froitas.


Pintádeas primeiro e logo recortádeas fichas (os de 3 anos con axuda).


-Para todos (3, 4 e 5 anos): Unir as parellas para formar a froita.


Pintádeas primeiro e logo recortádeas fichas (os de 3 anos con axuda).
Para xogar, poñedes as fichas boca abaixo.



No blog de música da profe Paula atoparedes tamén: un conto das froitas cantado, un xogo de recoñecemento de sílabas e varias cancións para bailar.



Déixovos aquí, o enlace a canción das froitas que escoitamos nós sempre para merendar.



Agardo desfrutedes con esta temática

Atentamente

Raquel





Martes 26 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe veremos que as froitas por dentro non son todas iguais. Hai froitas que conteñen moita máis auga ca outras, por exemplo o melón ou a sandía, mentres que outras froitas  non, coma o plátano.

Como xa sabedes, tódalas froitas como as plantas, nacen dunha semente. Por iso, as froitas teñen ou pepitas, ou carabuña ou carozo (oso). Imos ver a continuación a diferenza:



Agora na primavera e sobretodo no verán, abundan as froitas de oso:



Coma os melocotóns ou pexegos, os paraguayos, as nectarinas ou peladillos, as cereixas, os albaricoces , os nísperos, as ciruelas e as ameixas.


Tendo en conta esta clasificación:


Propóñovos a seguinte actividade de investigación:

-Para todos (3, 4 e 5 anos): Clasificade as froitas que teñades na casa en 2 grupos (frutas con oso ou frutas con pepitas). Podedes sacarlle foto ou senon tedes moitas froitas na casa, recortades as seguintes e pegádeas en 2 columnas diferenciadas.



Tras clasificalas, anímovos a comelas de diferentes maneiras:

En brochetas de froitas variadas:


En tartas de froitas:



En batidos de froitas:



En zumes e granizados naturais:



Todas elas son excelentes maneiras de refrescarse nestes días de calor!



Desfrutaredes así, dos múlples beneficios e propiedades das froitas, coma son as  vitaminas pertencentes ao grupo B, como a B1, B3, B6 y B12.

Animádevos a probalas!



-Na casa de Sara, puxéronse mans a obra, e fixeron granizados e smoothies: limonada, granizado de cenoria, laranxa e mazà; smoothie de frambuesa, plàtano e iougur natural e smothie de frambuesa, pexego, plàtano e iogur. 





Despois de probalos todos, Sara prefire a limonada. 






Mércores 27 de maio de 2020

Bos días!

Agora que xa coñecemos un pouco máis das froitas, imos facer 4 adiviñas, a resposta a cada unha delas é unha froita.




-Para todos (3, 4 e 5 anos). Como vedes o debuxo coa resposta está incompleto. Podedes continuar o debuxo e escribir o nome da froita?


Agora propóñovos una serie de actividades de lóxica-matemática, por idade:

-Para 3 anos: Contar cantas froitas hai de cada tipo e escribir o número.





- Para 4 anos: Contar e escribir o número.



-Para 5 anos: Completar as sumas, escribindo os sumandos e o resultado.
-Para 3 anos: Colorear e unir cada froita coa súa sombra correspondente.




-Para 4 anos: Escribe o resultado de cada suma.



-Para 5 anos: Realiza as resta e colorea as froitas.






Tamén vos propoño unha manualidade que mestura lóxica-matemática e plástica:

Consiste en facer series de formas e cores con froitas, por exemplo:



Pero en lugar de debuxar as froitas, ímolas estampar con pintura.





Para iso, teremos que cortala froita pola metade e untala de pintura, para finalmente estampala sobre un papel, cartolina ou tea.






Ademáis das series, con esta técnica de estampación de froitas podedes facer todo tipo de obras plásticas.




Animádevos a facela e deixade voar a vosa imaxinación e creatividade!



-Brais, xa se animou a facelas:

As series:



E unha fermosa árbore:





-Jorge, tamén fixo esta manualidade:




-Sara, tamén se animou a facer estas manualidades:

Con gran variedade de froitas:



Tamén fixo unha orixinal ananás:






Xoves 28 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe imos ver os nomes dalgunhas froitas e o nome das árbores e plantas das que proceden.

Para iso, déixovos o enlace ao seguinte conto cantado en galego:


Agora, tralo conto, propóñovos a seguinte actividade interactiva, na que teredes unir cada froito coa árbore da que procede. É un xogo, accederedes a él, clicando enriba: Para todos (3, 4 e 5 anos).



Ao rematar de ligar as froitas coas árbores, podedes comprobar cántos acertos tedes e tentalo de novo.


Tamén vos deixo, unhas actividades relacionadas co conto e as froitas, por idades:

-Para 3 anos: Colorear e contar cantas froitas hai de cada tipo.





-Para 4 anos:  Atopa na seguinte sopa de letras de sílabas, esas 4 froitas e logo escríbeas.

-Para 5 anos: Completa o encrucillado coas letras que faltan para formar o nome desas froitas, e logo atopa na sopa de letras esas outras 6 froitas debuxadas. 






-Para todos (3, 4 e 5 anos), como manualidade, na que traballaredes a psicomotricidade fina, comparto con vós esta mazá que fixo Sara, e que vós tamén podedes facer con calquera froita que queirades.


Soamente precisades de papel de seda de cores e pegamento.

Animádevos a probar! Podedes facela con calquera outro tipo de materiais!


-Brais, xa se animou a facela, mirade qué fantástica pera:


Quedoulle chulísima!





Venres 29 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe para rematar coa temáticas das froitas, tráiovos un conto, no que as froitas (en concreto as mazás) axudaron ao noso protagonista.

Este conto titúlase: "Arturo y las manzanas", e podédelo ver no seguinte enlace:



A raíz deste conto, propóñovos as seguintes actividades por idade:

-Para 3 anos: Colorear soamente as mazás co número 1.





-Para 3 anos: Colorear as mazás e contar cantas hai en cada grupo e escribir o número.




-Para 3 anos: Colorear de vermello as mazás que están arriba e de amarelo as mazás que están abaixo.



-Para 4 anos: Repasar  a grafía dos números 5 e 6 e colorear.




-Para 4 e 5 anos: Recortar e pegar as maceiras en orde de menor a maior.


-Para 5 anos: Marca cun X cantas mazás, bolboretas e flores hai no debuxo e escribe o número, e colorea.


-Para 5 anos: Repasa a palabra "manzana" e escribe tí so/a a palabra " mazá".





Para rematar, dada a calor sofocante destes días, qué mellor maneira de combatela que con xeados de froitas caseiros:

Por exemplo, a partir dun batido de amorodos e plátano:


Podedes facelos do sabor que prefirades!



Ou incluso mellor, podedes facelos de sabores, mesturando diferentes froitas:


Por exemplo: laranxas, kiwis, amorodos e mangos.


Quedan uns xeados deliciosos e moi refrescantes!

Animádevos a facelos, so precisades de froitas, exprimidor ou batedora, moldes de xeado e uns pauciños de madeita ou plástico.

Agardo que desfrutésedes coa temática desta semana e vémonos luns de novo.

Boa fin de semana a todos!

Atentamente

Raquel

No hay comentarios:

Publicar un comentario