lunes, 18 de mayo de 2020



SEMANA DO 28 AO 22 DE MAIO DE 2020: "OS PEIXES"

Luns 18 de maio de 2020

Bos días!

Esta semana imos centrarnos no mundo mariño, concretamente nos peixes. Sei que moitos de vos xa coñecedes moito sobre eles, porque vivides moi preto deles. Pero gustaríame profundizar un pouco máis no tema.

Para iso, comezaremos vendo o seguinte vídeo, que explica moi ben cómo son os peixes e qué características os diferenzan doutros animais:

https://www.youtube.com/results?search_query=los+peces+happy+learning

En resume, os peixes son:
- Animais que viven na auga, fóra dela non sobrevivirían. 
- Son animais vertebrados, teñen un esqueleto formado por espiñas ou cartílagos.
- Son ovíparos, pois nacen de ovos.
- Son carnívoros, aliméntanse de peixes máis pequenos ca eles.
- Son animais de sangue fría. A súa temperatura depende da auga na que vivan.
- Teñen coma extremidades as aletas



- Están recubertos de escamas.
- Respiran por branquias e desprenden o aire sobrante polas "agallas" unha pequena abertura situada detrás da cabeza.
- Grazas o seu aspecto físico tan variado (de cores, tamaños e formas) pódense camuflar facilmente co entorno, o cal lles permite defenderse dos seus depredadores.
- O peixe máis grande do mundo é o tiburón balea.


- As baleas, cachalotes, candorcas e  golfiños, non son peixes, pois son mamíferos.


Balea




Cachalote



Candorca



Golfiño


Agora,  para todos, déixovos o seguinte debuxo para colorear. Fixádevos ben no corpo do peixe (aletas, escamas,...).




A continuación, propóñovos unha serie de actividades por idade (voluntarias):

-Para 3 anos: Traza as burbullas (lembrade que as faga no sentido contrario as agullas do reloxo) e colorear.






- Para 3 anos: Colorear os grandes de vermello e os pequenos de amarelo.



- Para 3 anos: Colorear soamente os que se atopan dentro.



-Para 4 anos: Debuxar o mesmo estampado no peixe de abaixo e colorear.







- Para 4 anos: Unir os peixiños co peixe grande, e colorear.



- Para 5 anos: Contar e unir a cada banco de peixes co seu número correspondente.


- Para 5 anos:  Seguir os debuxos dos peixes, para así completar as sumas.


- Para todos (3, 4 e 5 anos): Rodear e colorear soamente os peixes iguais ao modelo.




Nos vindeiros días, profundizaremos sobre o tema, veremos contos, faremos manualidades e actividades,...e  podedes escoitar cancións relacionadas coa temática no blog de música da profe Paula.

Un saúdo e unha aperta enorme para todos

Atentamente

Raquel




Martes 19 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe continuando co tema dos peixes, preséntovos un fermoso conto titulado "O peixe arco da vella", que promove valores coma a solidaridade, o compartir, a amizade,...




A partir deste conto, propóñovos unhas actividades e manualidades:

- Para 3 anos: Colorear o número de peixes que se pide en cada columna.



- Para 3 anos: Colorear o peixe Arco da vella.







- Para 4 anos: Colorear os peixes seguindo a serie de cores marcada.




- Para 4 anos: Seguir os puntos para trazalo debuxo, colorealo e continuar a serie numérica.



- Para 5 anos: Colorear os peixes seguindo a serie de cores marcada.



- Para 5 anos: Seguir os puntos e trazalo debuxo todo e colorear.






- Para todos (3, 4 e 5 anos), suxírovos  unha serie de manualidades, para as cales vos  facilito a seguinte plantilla coma modelo:




-Coa huella da súa man e pintura:



-Cunha cartulina e anacos de papel de cores:



-Cun prato de papel e papeis de cores:



- Con papel de aluminio (para as escamas brillantes):



-Con gomets de diferentes formas e cores:



- Cunha botella baleira e pintura: 



-Cunha luva, desas que ultimamente empregamos a diario:



Estas son algunhas suxerencias, pero podedes facer as manualidades que queirades!
Con todas elas, traballaredes a psicomotricidade fina e deixaredes voar a vosa creatividade e imaxinación!


-Tito, xa se animou e fixo un fantástico peixe cunha luva azul e rotulador:


Quedoulle xenial!



-Brais, tamén fixo este espectacular peixe Arco da vella con papei de cores:


Quedoulle impresionante!


Tamén fixo coa palma da súa man:


Outro orixinal peixe Arco da vella:


Quedoulle fantástico!


-Jorge, tamén fixo o seu peixe Arco da vella con goma eva, purpurina e papel de aluminio.

Quedoulle chulísimo, xaa so lle falta poñelo a nadar na súa piscina!


-Aurora e Alicia, tamén fixeron un enorme peixe Arco da vella, con tapóns, plastelina e papel de aluminio.


Quedoulles super orixinal!


-Lola, tamén se animou a facer un fermoso peixe Arco da vella:



E acompañouno con outros dous peixiños máis pequenos:


Quedáronlle chulísimos!




Mércores 20 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe , imos coñecer o ciclo de vida dos peixes. Para que o vexades ilustrado nunha imaxe, colleremos por exemplo, o ciclo de vida do mero.


Como podedes observar, os peixes son ovíparos, nacen de ovos, o ciclo de vida dos peixes comeza co peixe femia poñendo os ovos e o peixe macho fecúndaos. Este é o que se coñece como período oval.

Logo, os ovos convértense en larvas. É o período larval.

Despois da larva, pasan a ser uns peixiños pequeniños, chamados alevíns. Período alevín.

A continuación, eses peixiños seguen medrando, e xa se consideran xuvenís. Son uns peixes xa de tamaño medio. É o Perído xuvenil.

Ata que finalmente, chegan a ser peixes adultos

-Podedes ver imaxes deste proceso no seguinte vídeo:



-Na casa de Aurora e Alicia, teñen un pequeno estanque:


Comentáronme que un peixe branco que teñen está a punto de ter crías. Que ben!


-Actividades:

-Para todos (3, 4 e 5 anos): Déixovos o seguinte esquema do ciclo de vida dos peixes, para colorear e colocar ao lado de cada debuxo o ordinal correspondente (1º, 2º, 3º 4º e 5º).



-Agora, quérovos mostrar un fermosísimo conto titulado "Nadarín" de Leo Leonni, o cal promove valores moi importantes coma a solidaridade. Podedes ver o conto narrado por nenos e nenas, no seguinte enlace:



A partir deste conto, propóñovos as seguintes actividades:

-Para 3 anos: Colorear tódolos peixiños vermellos, menos un que é negro (Nadarín).


-Para 4 e 5 anos: Contar e escribir cántos peixes hai? e colorear tódolos peixiños vermellos, menos un que é negro (Nadarín).


-Para todos (3, 4 e 5 anos): Debuxar a Nadarín e os seus compañeiros dentro desta silueta de peixe xigante. E colorealos.




Xoves 21 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe déixovos o título de dúas películas moi coñecidas, que falan dos peixes, e que son:  "Buscando a Nemo" e "Buscando a Dory"

Independientemente de se podedes velas ou non (dependendo das posibilidades e medios dispoñibles cos que contedes), a partir destas películas, suxírovos as seguintes actividades e manualidades.

-Para todos:  Colorear a Nemo e o seu pai.

-Para todos: Colorear a Dory, Nemo e Marlin.



-Para todos:  Un mandala, que sei que vos encantan.



Coma manualidades, para deixar voar a vosa imaxinación e creatividade e para favorecer a psicomotricidade fina dos nenos e nenas, propóñovos as seguintes, que son totalmente voluntarias:

-Para todos: Pintar con acuarelas e unha palliña o fondo mariño.


Primeiro un fondo azul con acuarela ou pinturas (con pincel ou soplado )




Cunha palliña espandir as diferentes cores, simulando algas, corais, etc.



O resultado é espectacular!!!


Brais, xa se animou a facelo:


Quedoulle chulísimo!



-Para todos:  Crear a Nemo e outros peixes con tapóns.






-Para todos:  Cos peixes creados e con papel celofán, crear un fondo mariño.





-Para todos:  Xogar a pescar peixes (tapóns) cunha culler.




 -Para todos: Podedes adaptar o xogo de pescar peixes, cunha caña (un pau e fio)


Colocándolles un clip coma anzuelo


E os peixes podedes facelo de diferentes materiais:


A xogar a pescar!!!!


-Para todos: Se tedes tempo e ganas, tamén podedes crear o voso propio acuario.




Jorge, animouse a facer o acuario


Quedoulle espectacular!



Agardo desfrutedes con todas estas actividades!


-Sara, aproveitando un paseo pola praia fixo un fondo mariño nunha botella


Soamente precisou, enchela de auga, e logo  engadirlle area e cunchas. 

Sara, tamén estampou unhas fermosas sardiñas nunha camiseta

Quedáronlle chulísimas!




Venres 22 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe para rematar o tema dos peixes, propóñovos deixar voar a vosa creatividade na cociña, creando verdadeiros peixes e fondos mariños con alimentos. Por exemplo:

Con amorodos, frambuesas, arándanos e pan:


Un fantástico peixe!


Con queixo, amorodos e laranxas:


 Un fermoso peixe!



 E con máis variedade de froitas:


Un cangrexo ou caranguexo, tartaruga, estrela de mar e peixe.


Con pan e vexetais:

Un simpático peixiño!


Se xa nos queremos mergullar en elaboracións onde empregar o forno, podemos facer:


Unhas deliciosas galletas!!!


Só precisamos facer a masa :


E un cortapastas con forma de peixe!


Senón tamén poden facerse sen molde, por exemplo:


Unhas riquísimas filloas ou tortitas, decoradas con xirope!



E coma colofón final, podedes facer unha  fantástica tarta:


De biscoito (con ou sen chocolate) e lacasitos!

Queda moi orixinal!


Se non queredes comelos despois, e o que queredes é simplemente amasar e cociñar. podedes facer coma Lola,  con masa de sal.


Uns fantásticos peixes, golfiños, tartarugas e demáis animais mariños



Quedáronlle chulísimos!



Para amenizar estas manualidades artísticas e culinarias, déixovos aquí, unha serie de cancións relacionadas coa temática desta semana.



Ademáis das  cancións da película "La Sirenita", que a profe Paula vos deixou colgadas no seu blog.

Coma  é por exemplo, "Bajo el mar" https://www.youtube.com/watch?v=FIHgQMblzJ8


Agardo que desfrutedes con elas, e que  o longo desta semana, aprendésedes se xeito divertido algo máis sobre os peixes.

Vémonos a semana que ven!

Chamareivos o luns para preguntarvos se queredes pasar polo colexio a devolver o libro e a mochila da biblioteca, e se queredes levar o mandilón a lavar (os que non o levasen), pero dita recollida do material será con cita previa, por iso vos chamarei o luns para poñernos de acordo.

Feliz fin de semana

Atentamente

Raquel



No hay comentarios:

Publicar un comentario