SEMANA
DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020: "As Plantas"
Luns 4
de maio de 2020
Bos días!
Dado que o mes de
maio é o mes das flores, esta
semana trababalleros o tema das plantas.
As
plantas son seres vivos, ao igual que os animais e os seres
humanos. Pero teñen unas características particulares que as diferencias das
persoas e dos animais.
Unha planta ten vida,
pois nace, medra e reprodúcese, Sen embargo, non pode desplazarse, xogar ou
falar.
- Vídeo explicativo da orixe
e clasificación das plantas:
-Pero de onde nacen as
plantas?
Pois dunha semente, vídeo explicativo da semilla e os tipos de plantas:
- Experimento: Para que o vexades en vivo e en directo, propóñovos que plantedes nun envase de iogurt de cristal puidendo ser, unha faba ou unha lentella. Ainda que o normal sería plantar a semente na terra, facédeo primeriramente nun bo anaco de algodón, para que poidades observar mellor a raíz cando saia e a xerminación, logo máis adiante, sí que a podedes trasplantar a unha maceta con terra en lugar de algodón.
-A continuación déixovos unhas actividades de matemáticas e unha poesía:
-Para 3 anos: Recorta con axuda dun maior e
pega ordeados os 4 pasos, e colorea..
-Para 4 anos: Recorta e pega ordeados os pasos: 1º, 2º, 3º,
4º, 5º e 6º, e colorea.
-Para 5 anos: Recorta e pega ordeados os pasos: 1º, 2º, 3º, 4º 5º e 6º.
-Para todos: Lede e coloreada a seguinte poesía:"La semilla dorada".
Martes
5 de maio de 2020
Bos días!
Hoxe imos coñecer algunhas curiosidades sobre as plantas:
-Algunhas plantas viven moitos anos, por exemplo (a araucaria) e outras viven periodos máis curtos.
-Poden
medrar ata ter moitos metros de alto e ancho, por exemplo, as
árbores, ou ser pequeniñas coma un cactus en maceta.
-Poden vivir tanto no Planeta Terra como na auga.
-Pertencen ao Reino
vexetal (pois existen 3 reinos na natureza: Reino Animal, vexetal e
mineral.
-No seguinte vídeo, podedes observar a existencia de plantas carnívoras e a árbore máis alta do mundo:
Agora imos coñecer as partes principais das plantas:
-No seguinte vídeo fálanse de 3 partes, presentes na gran maioría das plantas:
-En relación a esas 3 partes, propóñovos as seguintes actividades:
-Para 3 anos: Colorear soamente a parte que se indica.
-Para 4 e 5 anos: Completa o esquema escribindo no seu lugar correspondente as 3 partes das plantas .
Sen embargo, moitas plantas constan de máis partes, como podedes ver no seuinte vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=kh_DnxrpAMA
- Para 3, 4 e 5 anos: Colorear.
-Para 4 e 5 anos: Completar o esquema.
-Investigación no medio:
-Finalmente, para todos, aproveitade na medida do posible se saídes a pasear, para facer fotos a diferentes tipos de plantas que atopedes e tamén podedes facer debuxos.
-Jorge, xa se animou a saír, e colleu un " dente de león" (espero que o soprase e pedise un desexo)
E sacou fotos das plantas que teñen na horta da súa casa. A ver se coñecedes algunha?
Uns collagges fermosísimos!!!
Moitas grazas!
Brais, tamén se animou a saír pola contorna a pasear, e arrancou este enorme "pampullo".
Brais puido ver en directo, a unha abella chupando o polen das flores! Encantoulle!!!
Aurora e Alicia, tamén sacaron unha foto nun campo, cheo de "pampullos"
Están guapísimas rodeadas de flores!!!
Mércores 6 de maio de 2020
Bos días!
Hoxe, continuando coas partes das plantas que vimos onte, centrarémonos nas flores. Pois é nelas, onde se atopan os órganos reproductores das plantas. É dicir, que nas flores é onde as plantas prodecen os seus froitos (carnosos ou secos) e deles extráense as sementes.
Como podedes ver explicado, no seguinte vídeo:
Agora, non imos entrar nas partes das flores, pero sí que vos animo a buscar diferentes tipos de flores pola vosa contorna e sacarlle fotos ou debuxalas.
-Tito, por exemplo xa se animou a saír a investigar, e atoupou a planta dos amorodos (fresas) coas súas follas verdes, as súa flor e o seu froito.
Non se puido resistir, e acabou comendo o amorodo!
-Jorge, dando un paseo atopou estas fermosísimas flores:
Un collagge magnífico!!!
A continuación imos facer unha serie de actividades relacionadas coas flores:
-Para 3 anos: Rodea a que é igual ao modelo e colorea.
Escribe o número 3.
Une as que son iguais e coleáas iguais por parellas.
-Para 4 anos: Conta cantas flores hai en cada maceta, escribe o número e colorea as flores.
Suma e escribe o resultado, e colorea.
Resta os pétalos arrincados a cada flor e escribe, cantos lle quedan.
-Para 5 anos: Conta e escribe o número de flores de cada maceta e colorea.
Suma en horizontal e escribe o resultado, e colorea.
Recorda que tamén poden ser en vertical: Suma, debuxa e escribe o resultado e colorea.
Finalmente, resta en horizontal escribe o resultado e colorea.
Para rematar, propóñovos unha ficha de lectoescritura por idades:
-Para 3 anos: Colorea o debuxo seguinto o código de cores.
-Para 4 e 5 anos: Grafomotricidade e lectoecritura.
Conta e completa a información, e colorea.
E por suposto, anímovos a que fagades debuxos e manualidades con flores de diferentes cores e tipos. Aquí vos deixo algunhas ideas:
Coas súas mans.
Con obxectos.
Con sementes: lente
Con pasta.
Con paus de madeira e botóns.
Animádevos, deixade voar a vosa imaxinación e creatividade!!!
-Brais, xa comezou a crear as súas manualidades con flores:
Quedoulle unha paisaxe floral fermosísima!!!
-Lola, tamén fixo esa mesma manualidade de pintar flores cun garfo:
Quedoulle unha paisaxe fermosísima!!!
-Jorge, animouse a facer diferentes manualidades: co garfo, con pasta, con lentellas,...
Quedáronlle chulísimas!!!!
-Tito, tamén fixo unhas fermosas flores coas suas mans:
Quedoulle unha paisaxe fantástica!!!
-Sara, fixo unha manualidades sobre as flores super orixinais e creativas tamén:
Con boliñas de papel co cores:
Cunha palliña e con tinta:
Cunha cartulina, un envoltorio de magdalena e unha palliña:
Cun cartón de ovos e pintura: unha fermosa diadema!
Está guapísima!
Xoves 7 de maio de 2020
Bos días!
Hoxe imos falar do proceso de alimentación das plantas. Pois as plantas son seres vivos que producen o seu propio alimento, a través dun proceso chamado "Fotosíntese".
No seguinte vídeo, explícasenos en qué consiste dito proceso:
A fotosíntese é igual tanto para plantas pequenas coma para plantas grandes coma as árbores:
E lembrade, que a cor verde das follas das plantas, débese a clorofila:
-Para non esquecer de qué elementos precisan as plantas para producir o seu alimento, coloreade todos o seguinte debuxo:
-A continuación, quero compartir con todos vos, o que plantaron algúns compañeiros/as:
-Brais, plantou lentellas nun envase de iogurt, as cales xa comezaron a xerminar:
-Aurora e Alicia, plantaron xa a semana pasada varias sementes diferentes, e xa están medrando mirade:
-Selene; trasplantou unha planta de albahaca nunha maceta xigante:
-Lola, plantou unhas fabas nuns semilleiros xa fai unhas semanas:
E coma xa naceron e non paran de medrar, Lola trasplantounas á horta da súa casa:
Agora poden seguir medrando, tanto coma queiran as fabas!!!
Venres 8 de maio de 2020
Bos días!
Hoxe para rematar co tema das plantas e as flores, gustaríame compartir con vós unha fermosa canción, que nos recorda a importancia de coidalas plantas:
En relación a isto, a familia de Sara viu a película de "Wally" un robot que nos recorda a importancia de coidar e protexer o noso plneta Terra. Recoméndovos vela.
E por suposto; anímovos a saír polo voso xardín, horta ou arredores, e desfrutar da natureza, das plantas e flores que vos rodean, coma xa fixeron:
Mateo
Non fai falta arrincalas !
Brais, na súa horta
Alicia e Aurora paseando:
Sara
Fixo un fermoso ramiño!
-Tamén vos deixo unhas orixinais manualidades feitas con papel, cores e auga:
-Jorge, fixo unha flor e unha bolboreta máxicas:
-Sara, fixo unha fermosa flor que se abre coma un nenúfar:
Deséxovos unha feliz fin de semana!
Voltaremos o luns cun novo tema e falaremos do autor homenaxeado este anos nas "Letras Galegas".
Unha aperta enorme e milleiros de bicos
Atentamente
Raquel
No hay comentarios:
Publicar un comentario