lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO DE 2020

" O GALIÑEIRO"

Luns 11 de maio de 2020

Bos días!

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro domingo 17 de maio, o cal este ano se lle adica ao escritor Ricardo Carvalho Calero, imos traballar esta semana a temática de: "O galiñeiro", pois entre outras moitas obras deste autor galego, atópase unha obra para nenos titulada "As pitas baixo a choiva"  a cal,  será o noso punto de partida esta semana.

Comezaremos coñecendo un pouco a orixe desta celebración das Letras Galegas e quen era Ricardo Carvalho Calero. Para facelo máis ameno, déixovos o  seguinte enlace a este vídeo, feito por unha mestra que o narra de xeito moi ameno, ademáis de contarnos o conto  "As pitas baixo a choiva".


Agora, coma sempre imos traballar por idades arredor do visto no vídeo. Para iso, déixovos os seguintes PDFs aportados polo Seminario Galán, nos que atoparedes o conto "As pitas baixo a choiva" con pictogramas e unha serie de actividades diversas (de matemáticas, letras, recortar e pegar,..) coas que aprenderedes e vos divertiredes estes días. Por suposto, ditas actividades son voluntarias e para facer ao longo da semana (non todas nun día).

-Para 3 anos: Pinchade aquí para descargar o PDF. 3 ANOS


-Para 4 anos: Pinchade aquí para descargar o PDF.4 ANOS


-Para 5 anos: Pinchade aquí para descargar o PDF.5 ANOS

Ademáis destes PDFs, no blog me música a mestra Paula, deixouvos varias cancións e xogos relacionados co galiñeiro.

Agardo disfrutedes con todos estes recursos.


-Brais, ten a sorte de ter un galiñeiro na súa casa, e enviounos esta imaxe coas pitas, de cores fermosas e brillantes, coma no conto de Carvahlo Calero.

Soamente lles faltaba a choiva!


-Aurora e Alicia, tamén foron ata o galiñeiro:


Aurora non dudou en coller as pitas no colo!


Que ben se levan Alicia e Aurora coas pitas! 


-Tito, xa lle puxo nome a tódalas galiñas do seu galiñeiro:


Así, seguro que non se esquece de ningunha!






Martes 12 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe continuando co tema do galiñeiro, e dado que xa tedes unha morea de actividades impresas  para facer no PDF de onte, decidín colgarvos un conto que moitos de vós xa coñecedes, que é "Cocorico" do cal hai varias versións.

-Primeiramente, móstrovos esta versión en película:
https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM

- E a continuación, a versión orixinal do conto, acompañada dunha canción.
https://www.youtube.com/watch?v=6DUcBMl-114

Ao igual que Cocorico e a súa mamá, e coma ese nenos e nenas que saen no vídeo, anímovos a facer un biscoito caseiro.

Para iso, déixovos a seguinte receita, a cal podedes modificar ao voso gusto.


Podedes engadirlle chocolate, froitas, cenoria... 

Animádevos a facelo, e enviádeme o resultado.

Agardo que desfrutes facéndoo e sobretodo coméndoo. Bo proveito!


Finalmente, tamén vos deixo, para todos, un debuxo de Cocorico para colorear.



-Brais, xa se puxo mans a obra e fixo un delicioso biscoito:

Primeiro colleu tódolos ingrdientes necesarios:



Fixo a mezcla coa batidora:



Untou o molde con manteiga, para que nos se lle pegase:



Verteu a mezcla resultante no molde, e a continuación meteuno no forno:



E velaquí tedes o resultado:


Pola cara de Brais, estaba riquísimo seguramente!


-Lola, tamén se animou a facer o biscoito:


Do resultado non temos foto, porque estaba tan rico que desapareceu nada máis saír do forno!





Mércores 13 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe déixovos un conto para os máis pequenos, pero que sei que vos gusta a todos ( 3, 4 e 5 anos), que é o conto do "Polo Pepe", déixovos o enlace ao conto e a canción:




Agora, imos coñecer o ciclo de vida das galiñas



Como podedes observar, é cíclico, sempre houbo o debate de "Qué foi primeiro o ovo ou a galiña?"

Para reforzar a aprendizaxe deste proceso, déixovos as seguintes actividades:

-Para 3 anos: Colorear o esquema e debuxar moitos ovos no nido da galiña.






- Para 4 e 5 anos: colorear o esquema, e recortar e pegar ordeados os pasos.




Ademáis destas actividades, gustaríame animarvos a facer manualidades que sei que vos encantan.

Por exemplo, con cartulina, plastilina e plumas sintéticas:



Cun rollo de papel hixiénico e pintura:




Cun anaquiño dun cartón de ovos e pintura:




Coa huella da súa man:



Tamén coa súa man  e con dous pratos de plástico ou cartón e cartunina:



Cunha culler de plástico e cartulina:


Perfecto, para decorar as nosas plantas!


-Sara, xa se animou, e fixo as seguintes manualidades:

Unha pitiño e a súa colorida mamá:


Un móbil de galiñas pintadas, para decorar:



Un fantástico galiñeiro de cartón:


Non lle falta detalle, están todos: o galo, a galiña e os pitiños!


-Brais, tamén se animou a facer unha galiña para as súas plantas:



Un pitiño cun rollo de papel hixiénico:


E unha galiña coa  huella da súa man e plumas:


Quedoulle moi orixinal!



-Tito, tamén fixo unha fermosa galiña con cartulina de cores:


Quedoulle fantástica!


-Lola, tamén fixo as pitas con témperas:


Moi coloridas e cheas de vida:


Unhas pitas fermosísimas!


Antes de despedirme por hoxe, gustaríame recordarvos que no blog da biblioteca do colexio precisan da vosa colaboración. Soamente tedes que pensar nunha palabra en galego, aquela que máis vos guste e enviarlla nunha fotografía.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración e ata mañá

Bicos e apertas para todos





Xoves 14 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe continuando co teña do galiñeiro e a celebración do Día das Letras Galegas, tráiovos un orixinal conto en galego: ; A vaca que puxo un ovo", é moi orixinal e promove bos valores.


Déixovos aquí unha serie de actividades sobre o conto:

-Para 3 anos:  Colorea a vaca Marjorie.


-Para 4 e 5 anos: Buscar as 7 diferencias entre as dúas vacas.


-Para 3 anos: Decorar con variedade de materiais o ovo: (Deixade voar a vosa creatividade)

-Para 4 e 5 anos: Contar e escribir o número correspondente. / Contar e unir os ovos e as caixas.





-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorear soamente o ovo que sexa igual ao modelo.




Agardo desfrutedes co conto e as actividades!

Unha aperta e ata mañán

Raquel




Venres 15 de maio de 2020

Bos días!

Primeiramente, desexarvos un feliz día da Familia! Agardo que o poidades pasar en contacto cos vosos familiares dentro do posible!

Agora, imos centrarnos na nosa familia do galiñeiro.  Xa falamos das pitas ou galiñas, pero non do galo, o cal tamén é moi importante. Pois sen él, non habería pitiños.

O galo é o pai dos pitiños, vive no galiñeiro coas galiñas, pero distínguese delas en varias cousas: 

-O galo é máis alto que as galiñas

-Ten cresta vermellas enriba da cabeza (símbolo de dominancia)

-Soe andar polo galiñeiro inchando o seu peito e pavoneándose.

-Produce un son ou canto moi particular, sobretodo a primeira hora da mañá, polo que se lle chama "Galo despertador".

-A diferencia das galiñas, o galo non pon ovos.

-Podedes ver aquí, un galo branco cantando e unha galiña:

-Aquí, veredes un galo coas plumas negras, tamén cantando:

-E aquí, un galo cos plumas marróns e negras (os máis habituais por aquí):


-Para todos: Déixovos o seguinte galo para colorear coma queirades:


-Tamén vos deixo un conto (en galego): " O galo Quirico":


Agora, que xa coñecemos as galiñas e mais o galo, fáltannos os seus fillos, os pitiños.

-Para todos: Colorear a galiña e os pitiños.



E un fermoso mandala:
-Brais, na visita a casa dos avós, xa se adiantou a coñecelos, mirade:


 Aquí está a mamá galiña con 3 pitiños.



Brais, non se puido resistir a tocarlle co dedo na cabeciña dun pitiño!


-Aurora e Alicia, no galiñeiro que fixeron para as súas pitas, puxéronlles uns ovos decorados chulísimos e...  dese ovos, tamén saíron uns fermosos pitiños:


Qué galiñeiro tan orixinal!


Para rematar co tema do galiñeiro, que mellor maneira de facelo que cantando e bailando!
Ademáis das cancións que atoparedes no blog de música da profe Paula, déixovos aquí as seguintes cancións, para que bailedes e desfrutedes cantando!


- "Los pollitos dicen...": https://www.youtube.com/watch?v=qcOiqtMsjes


-  "La gallina turuleca": https://www.youtube.com/watch?v=qorwNai6mak



Agardo desfrutárades moito con este tema do galiñeiro!

E recordade que o domingo se celebra o Día das Letras Galegas!

Feliz fin de semana a todos!

Atentamente

Raquel







No hay comentarios:

Publicar un comentario