lunes, 27 de abril de 2020



SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL: "As Xoaniñas"

Luns 27 de abril de 2020

Bos días!

Continuando coa primavera, e vendo o bo acollemento que tiveron as "abellas" e "bolboretas" , esta semana preséntovos outro tipo de insectos que nos poden dar moito xogo para facer actividades e manualidades esta semana. Trátase das "Xoaniñas" en castelán "mariquitas" e  en inglés "ladybugs".

As xoaniñas son insectos pequenos, de forma redondeada e brillantes. As súas ás, tamén chamadas élitros, soen ser de cor vermella (ainda que tamén as podes ver amarelas e laranxas) e teñen 3 puntos ou motas negras en cada unha, ademáis dunha no medio, que forman ao xuntarse as 2 ás, polo que fan un total de 7 puntos negros


No seguinte vídeo, explícanos ben as caracterírsticas e o ciclo de vida das xoaniñas:




O ciclo de vida das xoaniñas e moi parecido ao das bolboretas:


As cores brillantes e vivas das xoaniñas sérvenlles para manterse a salvo dos seus depredadores (paxaros), pois esas cores tan chamativas asócianse con veleno. É o que se coñece coma aposematismo.





Agora, tras este primeiro contacto coas xoaniñas, realiza as seguintes actividades:

-Para 3 anos: colorear a xoaniña.

-Para 4 anos: Conta os puntos da esquerda e debúaxaos na dereita de cada xoaniña.


-Para 5 anos: Simetría e lateralidade.

-Para 3 anos: Grafomotricidade (primeiro a lápis e despois con rotulador).



-Para 4 e 5 anos: Grafomotricidade (primeiro a lápis e despois a rotulador).
Fixarse moi ben no sentido dos círculos. Escríbense cara a esquerda!


-Para todos: Manualidades con diversos materiais que teñades por casa.

Con cartón:

Con pedras pintadas: 

Con pratos de papel: 


Con rollo de papel hixiénico: 


Animádevos a facelas e deixade voar a vosa imaxinación e creatividade!


-Brais, xa se animou a facelas e quedáronlle chulísimas!

Decorou unha pedra:


Logo recortou unha cartulina e pegoulle as patas e os ollos:

Quedáronlles espectaculares as xoaniñas!

Tamén fixo unha xoaniña cun rollo de papel hixiénixo e a folla con papel seda.

Quedoulle super orixinal!


-Mateo, tamén se animou a facer unha xoaniña cun rollo de papel hixiénico e cartunina:

Eunha xoaniña con plastilina.

Quedoulle fantástica!

Tito, tamén fixo unha xoaniña de pedra enorme.


Quedoulle fantástica!!!
-Aurora e Alicia, fixeron unhas orixinais xoaniñas con CDs reciclados:



Quedáronxe chulísimas!!!



Martes 28 de abril de 2020

Bos días!

Hoxe profundizando no coñecemento das xoaniñas, analizaremos como é o seu corpo. Xa sabemos que ten 7 motas negras e de qué cor son as súas ás. Pero sabemos se ten antenas ou cantas patas teñen?

Observade a seguinte imaxe, na que se nos mostra a súa anatomía:
Agora, para todos completade a seguinte ficha  do corpo dunha xoaniñas, escribindo os números correspondentes, e unide cunha frecha sinalando onde se atopa cada parte mencionada. Finalmente, colorea a xoaniña.

-Para 3 anos, coloreas as xoaniñas fixándote ben no número de lunares que teñen e seguindo o código de cor.

-Para 4 anos, traza o camiño para axudar as xoaniñas pequenas a chegar a onde a súa nai.

-Para 4 e 5 anos, recordando o ciclo vital das xoaniñas visto onte, recortade e logo pegade en orde as seguintes fases dese proceso vital.




Finalmente, as xoaniñas gústalles voar de flor en flor e de folla en folla, por iso existen moitas cancións sobre elas voando.

-Aquí en Galicia, hai unha canción popular feita de rimas que dí:
Xoaniña, voa, voa
Xoaniña, voa, voa
que che hei dar pan de broa.

Xoaniña, voa, voa
vai e tráeme algunha nova.

Xoaniña, voa, voa
que teu pai vai en Lisboa.


-Esta outra canción axúdanos a contar ata 5https://www.youtube.com/watch?v=-O8dEwWKiOY

-Agora outra canción para acompañar con xestos e bailar:


-E por último, esta canción, que vos anima a pensar e imaxinar mundos cheos de cores e lugares fermosos:   https://www.youtube.com/watch?v=wIWJXISL3c4

Mentres escoitades estas cancións, podedes colorear os seguintes mandalas de xoaniñas:

E facer esta ficha de grafomotricidade:



Agardo estes recursos vos sirvan para aprender e entretervos! Desfrutade!


Tito, por exemplo, decorou o seu mandala de xoaniñas de cor laranxa ( se recordades eran laranxas cando ainda non son adultas) e quedoulle fantástico!!!



Brais, tamén decorou os 2 mandalas, e quedáronlle espectaculares!





Mércores 29 de abril de 2020.

Bos días!

Hoxe coñeceremos a pirámide alimenticia das xoaniñas. Sabedes de qué se alimentan?
E sobretodo, sabedes quén as quere comer?

Observade con atención a seguinte imaxe:

Sí, os paxaros son depredadores das xoaniñas, e as xoaniñas aliméntanse de pulgóns, o cal é moi beneficioso para nós, pois contribuen a controlar as plagas de pulgas que ameazan moitas árbores e prantas.

Isto refléxase moi ben no conto "A xoaniña rosmona" que de seguro moitos de vós xa coñecedes porque está incluídos nos libros de préstamo da biblioteca do colexio. De todos xeitos, aquí vos deixo o enlace ao conto:

Este conto está moi ben para repasar as horas e os números. Polo que, a continuación vos propoño as seguintes tarefas:

-Para 3 anos: Colorea o número de xoaniñas indicado abaixo en cada grupo.


-Para 3 e 4 anos:


-Para 4  e 5 anos:  Conta os lunares de cada xoaniña e escribe o número que hai.



-Para 5 anos: Conta, escribe o número e colorea.




-Para todos, de repaso, tamén os primeiros números en inglés:


-Finalmente, anímovos a facer debuxos libres de xoaniñas, pensade que poden ser de diversas cores e tamaños.

Atentamente

Raquel



Xoves 30 de abril de 2020

Bos días!

Para rematar coa temática das xoaniñas, dado que mañá non é lectivo, gustaríame propoñervos unha manualidade moi chula, que considero pode ser un detalle de ánimo nestes momentos tan duros que estamos a vivir.

A manualidade consiste no seguinte, precisamos unha cartulina negra e unha cartulina vermella, un folio branco e un lápis, rotulador ou cera.


1- Primeiro, debuxamos na cartulina negra a silueta dunha xoaniña e recortámoloa.
2- A continuación na cartulina vermella debuxamos as ás, recortámolas e pegámoslle os 7 lunares.
3- Logo collemos un folio branco e recortámolo do mesmo tamaño que a silueta da xoaniña e co sobrante do folio facemoslle os ollos.
4- No folio branco, con axuda dun maior escribimos unha mensaxe de ánimo e cariño para alguén que queremos moito.
5- Cun encuadernador ou grapa, unímolas partes.

O resultado sería o seguinte:




-Outra manualidade moi divertida, que podedes facer coas vosas mans, é a seguinte, que fixo Sara na súa casa coa silueta das súas máns como ás da xoaniña.



Finalmente, como sei que as manualidades encántanvos, e dado que nestes  momentos temos que ser máis fortes ca nunca, propóñovos disfrazarvos dalgún superheroe , por exemplo, co antifaz que puxo Sara na imaxe de arriba, non se vos parece a "Ladybug"?

- Déixovos aquí a plantilla para un antifaz de xoaniña:



- E unha plantilla para que fagades antifaces dos superherores que desexedes. 



Animádevos e enviádeme o resultado!

Brais, por exemplo xa se disfrazou de xoaniña:



E  tamén,de super gatuno:


Moi chulos e orixinais!!!


Deséxovos unha longa e feliz fin de semana, dentro do que se poida, e vémonos de volta o luns.


Venres  1 de maio de 2020

Bos días!

Ainda que hoxe sexa festivo, venres 1 de maio,  gustaríame  deixarvos algunhas receitas relacionadas coa temática, para facer esta fin de semana se queredes na casa.

Primeramente, unhas receitas saudables e sinxelas, coma:

-Unhas xoaniñas  de aperitivo:  https://www.youtube.com/watch?v=w1alHqUjD6k

-Xoaniñas con queixo e imaxinación: https://www.youtube.com/watch?v=G6zU9pbji2A


E unhas receitas máis golosas e que complicadas, que requiren de fondant, coma:


-Cupcake de xoaniñas (en protugués): https://www.youtube.com/watch?v=hu_-oj3G-3E


Todas elas,son unha boa alternativa coma aperitivo ou merenda!

Jorge, por exemplo fixo esta fermosa flor de hojaldre cunha xoaniña enriba.


Ten unha pinta deliciosa!


Unha aperta enorme e milleiros de bicos para tod@s

Atentamente

Raquel



Sábado 2 de maio de 2020

Bos días!

Debido ao día que se celebra mañán, comparto esta adaptación que fixo Jorge da manualidade da xoaniña con mensaxe que vos propuxen o outro día, por se vos interesa reciclala.


Feliz sábado e noraboa a tódalas nais por eses marabillosos nenos e nenas que tedes.

Con cariño

Raquel

No hay comentarios:

Publicar un comentario