Bos días!
Para facilitar a comunicación de recursos e información ás familias do alumnado de infantil do noso colexio, creei este blog, no que vos facilitarei recursos e actividades para facer durante o tempo que dure esta situación excepcional que estamos vivindo.
Moitas familias, a través do Abalar e do correo de Gmail, pediádesme consellos e orientacións para traballar na casa cos vosos fillos e fillas. Por iso, vos colguei na páxina do colexio varios enlaces web a actividades online e interactivas, posto que descoñecía se nas vosas casas tiñades impresora ou de qué medios informáticos dispoñíades.
Agora, tralas vosas respostas especificándome con qué recursos e medios informáticos contades nas vosas casas, mandeivos un reto semanal, ao cal participáchedes a gran maioría dun xeito fantástico, mostrándome os vosos traballos a través de fotografías, audios e follas escaneadas.
Ditos traballos merecen ser compartidos entre todos nós, por iso considero que esta plataforma nos axudará a facelo posible.
Finalmente, para facervos un pouco máis amena a Semana Santa confinados nas vosas casas, déixovos aquí unha serie de enlaces a páxinas web nas que poderedes atopar recursos para facer diferentes actividades relacionadas coa Pascua "Happy Easter".
-Grafomotricidade (para todos): https://www.edufichas.com/grafomotricidad/2-fichas-pascua/
-Matemáticas (para 4 e 5 anos): https://www.actividadesdeinfantilyprimaria.com/2019/03/19/actividades-matematicas-centro-de-interes-pascua/
-Manualidades: http://azcolorear.com/fichas-para-recortar-infantil
Espero que todos estes recursos vos sirvan de axuda.
Atentamente, Raquel
No hay comentarios:
Publicar un comentario