martes, 14 de abril de 2020


SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL DE 2020:
"AS ABELLAS"

Martes 14 de abril de 2020

Bo día!

Primeiramente gustaríame preguntarvos qué tal vos foi nesta Semana Santa tan atípica que tivemos este ano.

Agora, tendo en conta que xa entramos de cheo na primavera, gustaríame proporcionarvos algúns recursos para traballar esta época do ano dende as vosas casas.

Para iso cada semana vos presentarei un novo tema relacionado coa primavera, sobre o que podedes investigar e profundizar canto queirades.

Esta semana falaremos das "ABELLAS", sí, eses insectos tan perigosos que poden picarnos, pero que tamén son imprescindibles para a nosa vida.

Para comezar, déixovos o seguinte vídeo a modo de presentación: https://www.youtube.com/watch?v=okX_E7eVdrE

A raíz del, faremos unha choiva de ideas sobre qué sabemos das abellas:
-Qué son?

- Cómo son?   https://www.youtube.com/watch?v=7xyPnmXLneM
-Para qué serven?
-Son perigosas?
-Sen elas poderíamos vivir? https://www.youtube.com/watch?v=zRfATglf5BY

Unha vez reflexionemos sobre todo o anterior, podedes realizar as seguintes actividades:

Para todos: COMPLETA E COLOREA: 1-AMARELO, 2- VERDE, 3-VERMELLO.
As abellas chupan o néctar (polen) das flores e lévano ao panal.

Para 3 anos: VOGAL A

Para 3 anos (matemáticas): RODEA CANTOS HAI E ESCRÍBE SO O NÚMERO CORRECTO.




Para 3 anos, NÚMERO 3: Recordade comezar onde está a frecha (por arriba)

Para 4 anos (matemáticas): Conta e une.

Para 4/5 anos: Continúa e pensa a qué letra se parece o voo da abella?

Para 5 anos: Atopa e escribe os números seguindo a orde do 1 ao 30.




Todo o que fagades en relación a isto, podédemelo enviar ao correo: infantil.ceipespedregada@gmail.com

Atentamente
Raquel


Mércores 15 de abril de 2020

Bos días!

Hoxe gustaríame explicarvos os tipos de abellas que existen, ets explicación é para todos (3, 4 e 5 anos) para iso axudareime das seguintes imaxes:


Existen 3 tipos de abellas:
1- Abella raiña, que é a nai de tódalas demáis abellas




3- Abella zángano, que é macho



En resumo, hai 3 tipos de  abellas, e cada unha ten as súas funcións:



A continuación, déixovos dúas fichas de grafomotricidade por idade:

Para 3 anos:
Para 4 e 5 anos:



Se nos dispoñedes de impresora na casa, val perfectamente un debuxo da abella feito polo neno/a.

Finalmente, déixovos un vídeo explicativo onde se mostra cómo nacen as abellas:

       https://www.youtube.com/watch?v=osDnSkuY7J0

Tralo visionado do vídeo, coa axuda dun maior, os nenos e nenas de 4 e 5 anos completade o seguinte esquema do ciclo de vida das abellas:




Xoves 16 de abril de 2020

Bos días!

Continuando con tema das abellas, hoxe gustaríame centrarme na anatomía das abellas.
-Sabedes cómo é o corpo dunha abella?
-Divídese en 3 zonas:



-E sabes nomear máis concretamente as súas partes?
-Para 4 e 5 anos: Completa o esquema:                                                    Este sería o resultado:



-Para 3 anos: Debuxa as raias e colorea a abella.


-Para todos: Se vos apetece, podedes facer a seguinte manualidade, cun rollo de papel hixiénico, con cartulina, pinceles e cores e un rotulador:





Brais por exemplo, xa se animou a facela:

1º Recortou a cartulina

2º Pintou as raias da abella

3º Debuxoulle a cara

4º Pegouno todo e tachán!

Quedoulle chulísima!!!

Tamén Selene se animou a facela, en cartón e quedoulle preciosa:


Moi bo traballo!!!



Venres 17 de abril de 2020

Bos días!
Para rematar coa temática das abellas, despois de coñecer cómo son e por qué son tan importantes para a nosa vida,  xa que sen elas non teríamos flores nin froitas, imos engadir o feito de que grazas a elas temos mel.

-Sabedes de onde sae o mel? Mirade o seguinte vídeo:

-Sabedes en qué consiste o proceso de elaboración do mel?  Sónabos a palabra "Apicultura"?

-Tralo visionado destes vídeos, imos ordear os pasos do procesos de elaboración do mel:


-Para 3 anos: pintarán as imaxes e logo coa axuda dun maior, recortarán as 4 imaxes e ordearanas.

-Para 4 e 5 anos: pintarán as imaxes, recortaranas eles sós e pegaranas nunha cartulina ou folio ordeadas e escribindo en cada imaxe o seu ordinal correspondente: 1º, 2º, 3º e 4º paso.


-Manualidade plástica:
A familia de Brais, fixo un debuxo da abella moi orixinal, e gustaríame compartilo con vós por se vos animales a facelo.


1º  Pintar un pé de amarelo


2º Debuxarlle as raias negras, as antenas e ás.


3º Poñer o seu nome. E listo!

Un debuxo moi orixinal !!!

Finalmente, para rematar co tema das abellas, gustaríame ofrecervos a posibilidade de que nestes días de confinamento, se dispoñedes dos medios e a conexión a internet suficiente (datos, megas, fibra...) de xeito voluntario, as familias que o desexen, lles mostrasen aos nenos e nenas algún capítulo dunha serie antiga pero moi didáctica, que de seguro recordaredes da vosa infancia, coma é "La abeja Maya", déixovos aquí o enlace ao primeiro capítulo.


Agardo todas esta actividades que vos propoños, que son totalmente voluntarias, vos sirvan de axuda para entretervos e repasar e aprender contidos novos.

Unha aperta moi grande

Atentamente

Raquel


MÁIS APORTACIÓNS DAS FAMILIAS SOBRE O TEMA :
 "AS ABELLAS"

-A familia de Sara,  envioume as cousiñas que fixo Sara e mailo seu irmán maior Roi, en relación as abellas. Estamparon camisetas con metades de mazás e pintura



Tamén realizaron a manualidades das abellas co rollo de papel hixiénico.


E xogaron a buscar abellas agochadas no libro "Bichitos"


Finalmente, decidiron crear un programa de radio, onde Sara conta todo o que aprendeu ao longo desta semana acerca das abellas. Foi unha idea fantástica e moi orixinal.


-A familia de Lola, tamén estivo traballando o tema das abellas esta semana, e fixeron figuras de abellas e flores con masa de sal. Quedáronlles chulísimas!!!




-A familia de Aurora e Alicia, tamén estiveron traballando o tema das abellas, e decidiron a maiores das manualidades anteriormente mostradas, facer unha colmea de abellas con materiais de refugallo.



Quedoulles unha colmea fantástica!!!

- A familia de Mateo, tamén estivo traballando sobre o tema das abellas, e  mandáronme os esquemas e actividades feitas por Mateo.


Moi bo traballo Mateo!!!


Finalmente, a  familia de Brais, comunicoume para a miña sorpresa, que ademáis dos vídeos de "La abeja Maya" eles na súa casa tiñan os libros desa colección, e que estiveron lendo este fin de semana.



Unha lectura estupenda e moi apropiada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario