lunes, 20 de abril de 2020


SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL: "AS BOLBORETAS"

Bos días a tod@s!
Primeiramente, quero agradecervos as vosas ganas e a vosa colaboración participando nos materiais e actividades que vos propuxen a semana pasada en relación ao tema das "Abellas".

Visto o éxito, e que seguimos na primavera, esta semana propóñovos traballar arredor do tema  "As bolboretas". Os nenos e nenas de 4 e 5 anos, puideron vivenciar o curso pasado o ciclo de vida delas.

Concretamente, vimos o ciclo de vida dos "Gusanos de seda", para iso eu levei o cole uns ovos, moi pequeniños, e deses ovos sairon uns gusanos "larvas" ou "eirugas", as cales alimentamos diariamente con follas de moreira:



Para que  os nenos de 4 e 5 anos o poidades recordar, e os nenos e nenas de 3 anos poidades ver cómo eran, déixovos o seguinte vídeo:



Este ano, non é posible que o vivenciemos de novo na clase, pero non vos poñades tristes. Este ano, en lugar de traballar o ciclo de vida dos gusanos de seda, imos traballar o ciclo de vida das bolboretas, que é similar, pero onde o insecto final é moito máis bonito e colorido.

Comecemos vendo, de qué pasos consta o "ciclo de vida das bolboretas" tamén chamado metamorfose ou transformación: 
1º ovos, 2º larvas ou orugas, 3º crisálida ou casullo e 4º bolboreta.

Este ciclo de vida das bolboretas, podédelo ver explicado no seguinte vídeo:

-Para os nenos e nenas de 4 e 5 anos: colorear, recortar e pegar ordeadas as 4 imaxes:
Escribindo (en maiúsculas) : 1º ovo, 2º larva ou oruga, 3º casullo e 4º bolboreta.
-Para os nenos e nenas de 3 anos: colorear e escribir ao lado de cada debuxo o número correspondente: 1, 2, 3 e 4. Coa axuda dun maior se é preciso.


Agora, déixovos un o enlace a un conto, que xa coñecedes e que vos gusta moito:

-En galego: https://www.youtube.com/watch?v=n771hWHRGzA "Unha eiruga moi larpeira"
- En castelán: https://www.youtube.com/watch?v=SjiGJWylfHc  "Laa oruga glotona"

-Para os nenos e nenas de 3 anos: colorear seguindo a serie de color.
-Para 3 e 4 anos: colorear a eiruga das vogais.




-Para os nenos e nenas de 4 anos: escribe as cantidades e colorea.

-Para os nenos e nenas de 5 anos: escribe o número que falta.


Finalmente, para tod@s, propóñovos as seguintes manualidades:

- Con pintura: debuxar unha eiruga coas huellas dos dedos, onde se traballe a seriación de cores.
Ademáis de con dedos, pode facerse con vasos, metades de froitas, palmas das mans, etc.

-Con plastilina: traballando a motricidade fina para crear as boliñas do corpo da eiruga.

-Cunha caixa de ovos baleira, ou con calquera outro material, podedes crear eirugas.

Veña animádevos a  crear as vosas propias manualidades e despois compartímolas por aquí.

Agardo as vosas respostas no correo : infantil.ceipespedregada@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo

Atentamente

Raquel


-Brais, xa se animou a facer a eiruga nun cartón de ovos,  primeiro recortouno e pintouno



E despois, engadiulle os ollos de pega e unhas antenas con limpiapipas granate.


O resultado foi espectacular! Quedou unha eiruga chulísima!!!

-Tamén se animou a facer esta manualidade Mateo, que fixo ata 3 eirugas moi orixinais!




-Sara, fixo unha eiruga moi orixinal e creativa con pinzas da roupa. Qué gran idea!!!


Quedoulle xenial! e ademáis  con ela, traballou a motricidade fina.


- As familias de Brais e Tito xa  comezaron a  traballar o tema, e mandaron o esquema das fases do ciclo de vida das bolboretas  xa ordeado:


          
 -Na casa de Mateo fixeron  unha fantástica "very hungry canterpillar" con plastilina, mezclando diferentes cores para crear ese verde característico da eiruga.




- Na casa de Francesco, tamén se animaron a facela eiruga de plastilina:

- E na casa de Brais, puxéronse mans a obra coa pintura e as manualidades, e quedáronlles unhas eirugas preciosas e moi orixinais.





Martes 21 de abril de 2020

Bos días!
Hoxe continuando co tema do "ciclo de vida das bolboretas" , imos centrarnos na fase de transformacións de eiruga a "crisálida" ou tamén chamada "pupa" ou " casullo".



Neste vídeo-conto, explícase  a orixe da crisálida: https://www.youtube.com/watch?v=G7vhI54Y-HE

E neste outro vídeo, podedes ver o proceso de fabricación real da crísálida, onde a eiruga a vai texendo, meténdose dentro e sae transformada en bolboreta. Neste caso trátase dunha bolboreta monarca.  https://www.youtube.com/watch?v=zxEx821X8as

Agora imos traballar as seguintes actividades en relación a ela:

-Para todos (3, 4 3 5 anos): colorear a seguinte imaxe:


-Para 3 anos: Rodear e colorear onde está o "casullo" entre as  distintas fases do ciclo de vida das bolboretas. Poden logo, colorear as demáis imaxes, sen problema.



-Para 4 e 5 anos: Escribir as 3 maneiras de referirse a esta fase do proceso de transformación no ciclo de vida das bolboretas e coloreala.


-Para todos (3, 4 e 5 anos): Facer as seguintes manualidades, de xeito voluntario e na medida das vosas posibilidades, puidendo adaptar e modificar os materiais.

-Ciclo de vida circular: Con pasta e cun prato ou cartulina recortada de forma circular, plasmar as fases do ciclo de vida das bolboretas:


-Móbil representativo: Cunha percha ou cun pau e cordas ou fio, representar os diferentes estados polos que pasa a bolboreta durante a súa metamorfose.



Ademáis destas manualidades, se queredes facer outras distintas e compartilas, adiante. Canta máis diversidade, máis enriquecedor será.

Un saúdo e moito ánimo

Atentamente

Raquel


-Brais, probou a facer ambas manualidades , e quedáronlle xenial! 







-Na casa de Sara, tiveron unha gran idea. Estes días estiveran xogando aos comecocos, e ocorréuselles facer un comecos sobre o ciclo vital das bolboretas. Mirade qué orixinal!




Está fenomenal e é moi divertido!


Mércores 22 de abril de 2020

Bos días!

Hoxe centrarémonos na última fase do ciclo das bolboretas, cando xa son adultas.



Existen diferentes tipos de bolboretas, no seguinte vídeo ofrécese unha detallada explicación das bolboretas, fálanos das súas características e especies, (é un pouco longo o vídeo pero moi didáctico):

Na actualidade hai máis de 165.000 tipos diferentes de bolboretas, polo que mencionalas todas é imposible, pero no seguinte vídeo, móstranse os tipos máis representativos de bolboretas.

A bolboreta máis común que atopamos pola nosa xeografía é a bolboreta monarca:



Agora, imos traballar sobre o corpo e as partes da bolboreta, coas seguintes actividades:

-Para 3, 4 e 5 anos: Conta e repasa os números.


-Para 3, 4 e 5 anos: Repasa as partes da bolboreta, primeiro a lápis e logo con rotulador, e coloreaa.



-Para 3 anos: Segue os puntos para debuxar a bolboreta e colorea como máis che apeteza.



-Para 4 anos: Debuxa a parte esquerda da bolboreta simétricamente á dereita. Fíxate ben!

-Para 5 anos: Primeiro realiza as operacións (sumas e restas) e despois colorea, seguindo o código:
2- azul, 4-verde, 7-morado, 10-amarelo



-Para 3, 4 e 5 anos: Rodea o debuxo que sexa a resposta da adiviña. E logo coloreaa.


-Para 4 e 5 anos: Traballamos a conciencia fonolóxica (cómo se pronuncia e se escribe) da palabra "Mariposa", separámola en sílabas, e separámola en letras. 

Podedes facer o mesmo coa palabra "Bolboreta".

-Para 5 anos: Escribe en maiúsculas a palabra "mariposa" e "bolboreta" e logo repasa e practicas as letras minúsculas da palabra "mariposa" e "bolboreta" que xa as demos todas.




-Finalmente, déixovos unha serie de manualidades para facer bolboretas na casa con diversos materiais e técnicas. Espero que vos animedes a facelas e desfrutedes con elas.

- Por exemplo, Sara fíxoas cunha esponxa e pintura:

-Con pintura de dedos ou témpera e as súas propias mans:



- Cunha pinza da roupa e cartulina ou papel decorado:



- Con rollos de papel hixiénico e cartulina e pinturas:



-Con diferentes tipos de papeis, dobrándoos e plegándoos:


- Con plastilina:

Animádevos a facelas e deixade voar a vosa imaxinación e creatividade!

Mañán con motivo do Día do libro, proporeivos unha serie de contos relacionados coas bolboretas.

Un saúdo

Atentamente

Raquel


Aquí vos mostro algunhas das manualidades de bolboretas que fixeron os compañeiros e compañeiras nas súas casas:

-Brais, fixo as bolboretas de 3 maneiras distintas. Quedáronlle chulísimas! 




- Lola, fixo o ciclo de vida das bolboretas con cartulina, témperas e un prato de papel.  Quedoulle moi orixinal!!!


-Francesco, fixo unha bolboreta con pintura de dedos e as súas mans. Quedoulle xenial!!!


E outra  bolboreta con plastilina. Fermosísima!!!



Jorge, fixo unha bolboreta cun rollo de papel hixiénico, cartulina e afiado de ceras espectacular!


Ademáis doutras manualidades con pintura de dedos:

 E unha fermosa eiruga de plastilina sobre unha folla!



Xoves 23 de abril de 2020

Bos días!
Hoxe é o Día do Libro, e por iso, gustaríame o ofrecervos hoxe  unha serie de contos  gratuítos que podedes descargar en formato pdf, para ler na casa estes días. 
So tedes que entrar no enlace:  https://www.loqueleo.com/es/noticias/actualidad/loqueleo-en-casa,    e seleccionar os libros do código verde. 

De igual xeito, dado que estamos a traballar o tema das bolboretas, déixovos a continuación un fermoso conto: "Orellas de bolboreta", que podedes ver no seguinte enlace:

Tralas lecturas dos contos, podedes facer debuxos e incluso decorar o espacio ambientando nos contos, por exemplo, a familia de Sara, enviome onte esta marabillosa fotografía, onde acompañan un libro de bolboretas de cores feitas de papel, que aprenderon seguindo os retos de origami das amigas de Anaquiños de Papel.


Espectacular!!!


Venres 24 de abril de 2020

 Bos días!

En relación o Día do Libro, celebrado onte, hoxe gustaríame compartir con vós o seguinte  recopilatorio de contos: Clicade onde pon "Aquí" e accederesdes a eles.




Ademáis diso, quero recordarvos unha canción que aos nenos e nenas da nosa clase de infantil lles gusta moito, e que escoitamos cando merendamos, que é:


Así, por exemplo, Jorge cántaa mentres fai unha fermosa bolboreta coas súas mans coma ás.


Cantaa de marabilla, nótase que a coñece ben!

En relación a dita canción, propóñovos unha serie de receitas para facer con eles na casa:

-Palmeiras de hojaldre con forma de bolboreta: https://www.youtube.com/watch?v=AEa5pfOIOrU

-"Mariposa sincronizada" (leva unha salchicha, tortas de fariña e verduras)   https://www.youtube.com/watch?v=yiCyJItzM44



Agardo desfrutedes facéndoas, e sobretodo, coméndoas!!!



Jorge, púxose mans a obra e fixo unhas deliciosas palmeiras de hojaldre:


 E obviamente comeunas:


Estaban ríquisimas!!!

Adiante, aproveitade estes días para cociñar e sumerxirvos na cociña. Con axuda dos maiores sempre, por suposto!


Venres 8 de maio de 2020

Boas tardes!

Hoxe a familia de Selene, que compartir con vós a visita dunha fermosa bolboreta esta semana, na súa casa:

É un exemplar espectacular!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario