lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO DE 2020

" O GALIÑEIRO"

Luns 11 de maio de 2020

Bos días!

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro domingo 17 de maio, o cal este ano se lle adica ao escritor Ricardo Carvalho Calero, imos traballar esta semana a temática de: "O galiñeiro", pois entre outras moitas obras deste autor galego, atópase unha obra para nenos titulada "As pitas baixo a choiva"  a cal,  será o noso punto de partida esta semana.

Comezaremos coñecendo un pouco a orixe desta celebración das Letras Galegas e quen era Ricardo Carvalho Calero. Para facelo máis ameno, déixovos o  seguinte enlace a este vídeo, feito por unha mestra que o narra de xeito moi ameno, ademáis de contarnos o conto  "As pitas baixo a choiva".


Agora, coma sempre imos traballar por idades arredor do visto no vídeo. Para iso, déixovos os seguintes PDFs aportados polo Seminario Galán, nos que atoparedes o conto "As pitas baixo a choiva" con pictogramas e unha serie de actividades diversas (de matemáticas, letras, recortar e pegar,..) coas que aprenderedes e vos divertiredes estes días. Por suposto, ditas actividades son voluntarias e para facer ao longo da semana (non todas nun día).

-Para 3 anos: Pinchade aquí para descargar o PDF. 3 ANOS


-Para 4 anos: Pinchade aquí para descargar o PDF.4 ANOS


-Para 5 anos: Pinchade aquí para descargar o PDF.5 ANOS

Ademáis destes PDFs, no blog me música a mestra Paula, deixouvos varias cancións e xogos relacionados co galiñeiro.

Agardo disfrutedes con todos estes recursos.


-Brais, ten a sorte de ter un galiñeiro na súa casa, e enviounos esta imaxe coas pitas, de cores fermosas e brillantes, coma no conto de Carvahlo Calero.

Soamente lles faltaba a choiva!


-Aurora e Alicia, tamén foron ata o galiñeiro:


Aurora non dudou en coller as pitas no colo!


Que ben se levan Alicia e Aurora coas pitas! 


-Tito, xa lle puxo nome a tódalas galiñas do seu galiñeiro:


Así, seguro que non se esquece de ningunha!






Martes 12 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe continuando co tema do galiñeiro, e dado que xa tedes unha morea de actividades impresas  para facer no PDF de onte, decidín colgarvos un conto que moitos de vós xa coñecedes, que é "Cocorico" do cal hai varias versións.

-Primeiramente, móstrovos esta versión en película:
https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM

- E a continuación, a versión orixinal do conto, acompañada dunha canción.
https://www.youtube.com/watch?v=6DUcBMl-114

Ao igual que Cocorico e a súa mamá, e coma ese nenos e nenas que saen no vídeo, anímovos a facer un biscoito caseiro.

Para iso, déixovos a seguinte receita, a cal podedes modificar ao voso gusto.


Podedes engadirlle chocolate, froitas, cenoria... 

Animádevos a facelo, e enviádeme o resultado.

Agardo que desfrutes facéndoo e sobretodo coméndoo. Bo proveito!


Finalmente, tamén vos deixo, para todos, un debuxo de Cocorico para colorear.



-Brais, xa se puxo mans a obra e fixo un delicioso biscoito:

Primeiro colleu tódolos ingrdientes necesarios:



Fixo a mezcla coa batidora:



Untou o molde con manteiga, para que nos se lle pegase:



Verteu a mezcla resultante no molde, e a continuación meteuno no forno:



E velaquí tedes o resultado:


Pola cara de Brais, estaba riquísimo seguramente!


-Lola, tamén se animou a facer o biscoito:


Do resultado non temos foto, porque estaba tan rico que desapareceu nada máis saír do forno!





Mércores 13 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe déixovos un conto para os máis pequenos, pero que sei que vos gusta a todos ( 3, 4 e 5 anos), que é o conto do "Polo Pepe", déixovos o enlace ao conto e a canción:




Agora, imos coñecer o ciclo de vida das galiñas



Como podedes observar, é cíclico, sempre houbo o debate de "Qué foi primeiro o ovo ou a galiña?"

Para reforzar a aprendizaxe deste proceso, déixovos as seguintes actividades:

-Para 3 anos: Colorear o esquema e debuxar moitos ovos no nido da galiña.






- Para 4 e 5 anos: colorear o esquema, e recortar e pegar ordeados os pasos.




Ademáis destas actividades, gustaríame animarvos a facer manualidades que sei que vos encantan.

Por exemplo, con cartulina, plastilina e plumas sintéticas:



Cun rollo de papel hixiénico e pintura:




Cun anaquiño dun cartón de ovos e pintura:




Coa huella da súa man:



Tamén coa súa man  e con dous pratos de plástico ou cartón e cartunina:



Cunha culler de plástico e cartulina:


Perfecto, para decorar as nosas plantas!


-Sara, xa se animou, e fixo as seguintes manualidades:

Unha pitiño e a súa colorida mamá:


Un móbil de galiñas pintadas, para decorar:



Un fantástico galiñeiro de cartón:


Non lle falta detalle, están todos: o galo, a galiña e os pitiños!


-Brais, tamén se animou a facer unha galiña para as súas plantas:



Un pitiño cun rollo de papel hixiénico:


E unha galiña coa  huella da súa man e plumas:


Quedoulle moi orixinal!



-Tito, tamén fixo unha fermosa galiña con cartulina de cores:


Quedoulle fantástica!


-Lola, tamén fixo as pitas con témperas:


Moi coloridas e cheas de vida:


Unhas pitas fermosísimas!


Antes de despedirme por hoxe, gustaríame recordarvos que no blog da biblioteca do colexio precisan da vosa colaboración. Soamente tedes que pensar nunha palabra en galego, aquela que máis vos guste e enviarlla nunha fotografía.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración e ata mañá

Bicos e apertas para todos





Xoves 14 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe continuando co teña do galiñeiro e a celebración do Día das Letras Galegas, tráiovos un orixinal conto en galego: ; A vaca que puxo un ovo", é moi orixinal e promove bos valores.


Déixovos aquí unha serie de actividades sobre o conto:

-Para 3 anos:  Colorea a vaca Marjorie.


-Para 4 e 5 anos: Buscar as 7 diferencias entre as dúas vacas.


-Para 3 anos: Decorar con variedade de materiais o ovo: (Deixade voar a vosa creatividade)

-Para 4 e 5 anos: Contar e escribir o número correspondente. / Contar e unir os ovos e as caixas.





-Para todos (3, 4 e 5 anos): Colorear soamente o ovo que sexa igual ao modelo.




Agardo desfrutedes co conto e as actividades!

Unha aperta e ata mañán

Raquel




Venres 15 de maio de 2020

Bos días!

Primeiramente, desexarvos un feliz día da Familia! Agardo que o poidades pasar en contacto cos vosos familiares dentro do posible!

Agora, imos centrarnos na nosa familia do galiñeiro.  Xa falamos das pitas ou galiñas, pero non do galo, o cal tamén é moi importante. Pois sen él, non habería pitiños.

O galo é o pai dos pitiños, vive no galiñeiro coas galiñas, pero distínguese delas en varias cousas: 

-O galo é máis alto que as galiñas

-Ten cresta vermellas enriba da cabeza (símbolo de dominancia)

-Soe andar polo galiñeiro inchando o seu peito e pavoneándose.

-Produce un son ou canto moi particular, sobretodo a primeira hora da mañá, polo que se lle chama "Galo despertador".

-A diferencia das galiñas, o galo non pon ovos.

-Podedes ver aquí, un galo branco cantando e unha galiña:

-Aquí, veredes un galo coas plumas negras, tamén cantando:

-E aquí, un galo cos plumas marróns e negras (os máis habituais por aquí):


-Para todos: Déixovos o seguinte galo para colorear coma queirades:


-Tamén vos deixo un conto (en galego): " O galo Quirico":


Agora, que xa coñecemos as galiñas e mais o galo, fáltannos os seus fillos, os pitiños.

-Para todos: Colorear a galiña e os pitiños.



E un fermoso mandala:
-Brais, na visita a casa dos avós, xa se adiantou a coñecelos, mirade:


 Aquí está a mamá galiña con 3 pitiños.



Brais, non se puido resistir a tocarlle co dedo na cabeciña dun pitiño!


-Aurora e Alicia, no galiñeiro que fixeron para as súas pitas, puxéronlles uns ovos decorados chulísimos e...  dese ovos, tamén saíron uns fermosos pitiños:


Qué galiñeiro tan orixinal!


Para rematar co tema do galiñeiro, que mellor maneira de facelo que cantando e bailando!
Ademáis das cancións que atoparedes no blog de música da profe Paula, déixovos aquí as seguintes cancións, para que bailedes e desfrutedes cantando!


- "Los pollitos dicen...": https://www.youtube.com/watch?v=qcOiqtMsjes


-  "La gallina turuleca": https://www.youtube.com/watch?v=qorwNai6mak



Agardo desfrutárades moito con este tema do galiñeiro!

E recordade que o domingo se celebra o Día das Letras Galegas!

Feliz fin de semana a todos!

Atentamente

Raquel







lunes, 4 de mayo de 2020


SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020: "As Plantas"


Luns 4 de maio de 2020

Bos días!

Dado que o mes de maio é o mes das flores, esta semana trababalleros o tema das plantas.

As plantas son seres vivos, ao igual que os animais e os seres humanos. Pero teñen unas características particulares que as diferencias das persoas e dos animais.

Unha planta ten vida, pois nace, medra e reprodúcese, Sen embargo, non pode desplazarse, xogar ou falar.


- Vídeo explicativo da orixe e clasificación das plantas:

-Pero de onde nacen as plantas?
Pois dunha semente, vídeo explicativo da semilla e os tipos de plantas:
- Experimento: Para que o vexades en vivo e en directo, propóñovos que plantedes nun  envase de iogurt de cristal puidendo ser, unha faba ou unha lentella. Ainda que o normal sería plantar a semente na terra,  facédeo primeriramente nun bo anaco de algodón, para que poidades observar mellor a raíz cando saia e a xerminación, logo máis adiante, sí que a podedes trasplantar a unha maceta con terra en lugar de algodón.



-A continuación déixovos unhas actividades de matemáticas e unha poesía:

-Para 3 anos: Recorta con axuda dun maior e pega ordeados os 4 pasos, e colorea..



-Para 4 anos: Recorta e pega ordeados os pasos: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º, e colorea.



-Para 5 anos: Recorta e pega ordeados os pasos: 1º, 2º, 3º, 4º 5º e 6º.



-Para todos:  Lede e coloreada a seguinte poesía:"La semilla dorada".







Martes 5 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe imos coñecer algunhas curiosidades sobre as plantas:

-Algunhas plantas viven moitos anos, por exemplo (a araucaria)  e outras viven periodos máis curtos.

-Poden medrar ata ter moitos metros de alto e ancho, por exemplo, as árbores, ou ser pequeniñas coma un cactus en maceta.

-Poden vivir tanto no Planeta Terra como na auga.

-Pertencen ao Reino vexetal (pois existen 3 reinos na natureza: Reino Animal, vexetal e mineral.

-No seguinte vídeo,  podedes observar a existencia de plantas carnívoras  e a árbore máis alta do mundo:


Agora imos coñecer as partes principais das plantas:

-No seguinte vídeo fálanse  de 3 partes, presentes na gran maioría das plantas:




-En relación a esas 3 partes, propóñovos as seguintes actividades:

-Para 3 anos: Colorear soamente a parte que se indica.




-Para 4  e 5 anos: Completa o esquema escribindo no seu lugar correspondente as 3 partes das plantas .


Sen embargo, moitas plantas constan de máis partes, como podedes ver no seuinte vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=kh_DnxrpAMA

- Para 3, 4  e 5 anos: Colorear.

-Para 4 e 5 anos: Completar o esquema.


-Investigación no medio: 
-Finalmente, para todos, aproveitade na medida do posible se saídes a pasear, para facer fotos a diferentes tipos de plantas que atopedes e tamén podedes facer debuxos.

-Jorge, xa se animou a saír,  e colleu un " dente de león" (espero que o soprase e pedise un desexo)

E sacou fotos das plantas que teñen na horta da súa casa. A ver se coñecedes algunha?



Uns collagges fermosísimos!!!


Moitas grazas!

Brais, tamén se animou a saír pola contorna a pasear, e arrancou este enorme "pampullo".


Brais puido ver en directo, a unha abella chupando o polen das flores! Encantoulle!!!


Aurora e Alicia, tamén sacaron unha foto nun campo, cheo de "pampullos"


Están guapísimas rodeadas de flores!!!





Mércores 6 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe, continuando coas partes das plantas que vimos onte, centrarémonos nas flores. Pois é nelas, onde se  atopan os órganos reproductores das plantas. É dicir, que nas flores é onde as plantas prodecen os seus froitos (carnosos ou secos) e deles extráense as sementes. 

Como podedes ver explicado, no seguinte vídeo:

Agora, non imos entrar nas partes das flores, pero sí que vos animo a buscar diferentes tipos de flores pola vosa contorna e sacarlle fotos ou debuxalas.

-Tito, por exemplo xa se animou a saír a investigar, e atoupou a planta dos amorodos (fresas) coas súas follas verdes, as súa flor e o seu froito.


Non se puido resistir, e acabou comendo o amorodo!


-Jorge, dando un paseo atopou estas fermosísimas flores:


Un collagge magnífico!!!



A continuación imos facer unha serie de actividades relacionadas coas flores:

-Para 3 anos:  Rodea a que é igual ao modelo e colorea.

Escribe o número 3.

Une as que son iguais e coleáas iguais por parellas.




-Para 4 anos:  Conta cantas flores hai en cada maceta, escribe o número e colorea as flores.


Suma e escribe o resultado, e colorea.


Resta os pétalos arrincados a cada flor e escribe, cantos lle quedan.


-Para 5 anos: Conta e  escribe o número de flores de cada maceta e colorea.



Suma en horizontal e escribe o resultado, e colorea.




Recorda que tamén poden ser en vertical: Suma, debuxa e escribe o resultado e colorea.


Finalmente, resta en horizontal escribe o resultado e colorea.



Para rematar, propóñovos unha ficha de lectoescritura por idades:

-Para 3 anos: Colorea o debuxo seguinto o código de cores.


-Para 4 e 5 anos: Grafomotricidade e lectoecritura.

Conta e completa a información, e colorea.



 E por suposto, anímovos a que fagades debuxos e manualidades con flores de diferentes cores e tipos. Aquí vos deixo algunhas ideas:

Coas súas mans.

Con obxectos. 

Con sementes: lente

Con pasta. 

Con paus de madeira e botóns.

Animádevos, deixade voar a vosa imaxinación e creatividade!!!

-Brais, xa comezou a crear as súas manualidades con flores:



Quedoulle unha paisaxe floral fermosísima!!!

-Lola, tamén fixo esa  mesma manualidade de pintar flores cun garfo:



Quedoulle unha paisaxe fermosísima!!!


-Jorge, animouse a facer diferentes manualidades: co garfo, con pasta, con lentellas,...


Quedáronlle chulísimas!!!!


-Tito, tamén fixo unhas fermosas flores coas suas mans:


Quedoulle unha paisaxe fantástica!!!

-Sara, fixo unha manualidades sobre as flores super orixinais e creativas tamén:

Con boliñas de papel co cores: 

 Cunha palliña e con tinta: 

Cunha cartulina, un envoltorio de magdalena e unha palliña: 

Cun cartón de ovos e pintura: unha fermosa diadema! 

Está guapísima!



Xoves 7 de maio de 2020

Bos días!

Hoxe imos falar do proceso de alimentación das plantas. Pois as plantas son seres vivos que producen o seu propio alimento, a través dun proceso chamado "Fotosíntese".


 No seguinte vídeo, explícasenos en qué consiste dito proceso:

A fotosíntese é igual tanto para plantas pequenas coma para plantas grandes coma as árbores:


E lembrade, que a cor verde das follas das plantas, débese a clorofila:



-Para non esquecer de qué elementos precisan as plantas para producir o seu alimento, coloreade todos o seguinte debuxo:



-A continuación, quero compartir con todos vos, o que plantaron algúns compañeiros/as:

-Brais, plantou lentellas nun envase de iogurt, as cales xa comezaron a xerminar:


-Aurora e Alicia, plantaron xa a semana pasada varias sementes diferentes, e xa están medrando mirade:




-Selene; trasplantou unha planta de albahaca nunha maceta xigante:




-Lola, plantou unhas fabas nuns semilleiros xa fai unhas semanas:


E coma xa naceron e non paran de medrar, Lola trasplantounas á horta da súa casa:


Agora poden seguir medrando, tanto coma queiran as fabas!!!




Venres 8 de maio de 2020

Bos días!


Hoxe para rematar co tema das plantas e as flores, gustaríame compartir con vós unha fermosa canción, que nos recorda a importancia de coidalas plantas:

En relación a isto, a familia de Sara viu a película de "Wally" un robot que nos recorda a importancia de coidar e protexer o noso plneta Terra. Recoméndovos vela.

E por suposto; anímovos a saír polo voso xardín, horta ou arredores, e desfrutar da natureza, das plantas e flores que vos rodean, coma xa fixeron:

Mateo 
 Non fai falta arrincalas !

Brais, na súa horta 


Alicia e Aurora paseando: 


Sara 

Fixo un fermoso ramiño!

-Tamén vos deixo unhas orixinais manualidades feitas con papel, cores e auga:

-Jorge, fixo unha flor e unha bolboreta máxicas:


-Sara, fixo unha  fermosa flor que se abre coma un nenúfar:





Deséxovos unha feliz fin de semana!

Voltaremos o luns cun novo tema e falaremos do autor homenaxeado este anos nas "Letras Galegas".

Unha aperta enorme e milleiros de bicos

Atentamente 

Raquel